Feijóo disfrazado de Tony Montana(Al Pacino) en Scarface tería sido o mestre de cerimonias.

Feijoo caracterizado de Tony Montana en Scarface.
O pasado domingo día 26 foi domingo fareleiro en Xinzo de Limia, e o presidente da Xunta de Galiza non quixo ser menos e festexar o seu propio domingo “fareleiro” acompañado do seu círculo máis achegados.
A festa nocturna na residencia de MontePío alongouse ate altas horas da madrugada nas que os coches ían abandoando o recinto a contagotas, menos o de Pachi Lucas que, segundo apuntan as nosas informacións, tería pernoctado alí.
O domingo fareleiro de Nuñez teríase celebrado en torno á película de Scarface e os convidados irían caracterizados segundo as diferentes escenas do filme dirixido por Brian de Palma.
Fontes internas afirman que na festa houbo moita bebida, pero o que sobre todo abundou foi a fariña, como o propio nome da festividade indica. Preguntado ao Vicepresidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda, pola festa na residencia oficial este declaraba: “Eu so sei que había fariña”.
Jajaja, que boa. Acábovos de descubrir, gañastes unha lectora.