Despois da derrota sufrida polos terroristas do ISIS en Kobane, na que tiveron especial importancia as YPJ (unidades guerrilleiras do pobo Kurdo compostas por mulleres) moitos machitos alfa fuxiron co rabiño entre as pernas cara ningures. Non se atreven a regresar ós seus lugares de orixe, xa que despois de anos falando da suposta superioridade tanto física coma intelectual dos homes en relación as mulleres, a derrota en Kobane baixounos a realidade.
Os machitos alfa do ISIS séntense agraviados e ameazan ás guerrilleiras do YPJ con denuncialas ante o TPI (tribunal penal internacional) por danos morais. Un destes machitos entrevistado por tempos galegos (non quixo revelar o seu nome) manifestou que está fundido psicoloxicamente, sobrevivindo con antidepresivos e ansiolíticos. Segundo as súas palabras: “O peor de todo é a ver quen entra agora no bar da aldea”.
O presidente Feijoo manifestou a súa solidaridade con estes homes, e culpou ó radicalismo de esquerda de que estes pobres machitos estean a pasar un mal momento. Na súa liña Gónzalez Pons dixo que se Otegui se alegrou pola vitoria das YPJ sobre ISIS, é de bos españois solidarizarse co ISIS. “Esas putas que se creen” engadiu.
Objetividad y rigor en el artículo, dicho con ironía. Llama más la atención la bilis feminirancia con que lo has escrito que el propio tema en sí.