Ofrecerá información actualizada e gratuíta sobre correntes, manifestos, partidos e mareas e non deixará rastro no historial de militancia. O novo servizo, que está dispoñible dende hoxe mesmo, ofrecerá terapia online con especialistas. “Tiñamos detectados casos ansioso-depresivos entre múltiples militantes nacionalistas”, indican os promotores da iniciativa. “Durante as probas recibimos chamadas de militantes comunistas para … Seguir lendo
Tag Archives: En Marea
O ISIS apoiará a candidatura de Máis Alá ao Consello de En Marea
O ISIS acaba de facer público o seu posicionamento a favor da candidatura encabezada por Luis Villares. Tan só un día despois de que as candidaturas ao Consello de En Marea fosen presentadas, chegan os primeiros posicionamentos de calado, recaendo estes na candidatura oficialista encabezada polo maxistrado Luis Villares. O máis sorprendente é polo de … Seguir lendo
En Marea mudará o seu logo despois do requirimento de Mahou
En Marea atenderá a petición da cerveceira e cambiará o seu logotipo para que ninguén poida pensar que a Mahou non é unha cervexa. A empresa Mahou-San Miguel enviou unha misiva á formación galega na que argumentaba que “Es obvia la confusión que se ha generado entre la imagen gráfica de su formación política y la … Seguir lendo
A Coordinadora de En Marea obrigará a Villares a viaxar en BlaBla Car
Forzará ao ex maxistrado a ir en bicicleta se os traxectos son de menos de 30 quilómetros e a utilizar a coñecida aplicación para compartir coche se supera a treintena. Segundo trascendeu onte, a Coordinadora de En Marea rexeitou a petición de Luis Villares. Fontes próximas a En Marea indican que Iago Martínez tomou a palabra … Seguir lendo
O PP impugna a camisa do candidato de EnMarea David Rodríguez
Ao pouco de coñecerse a noticia, a camisa agotouse en todas as feiras. O Partido Popular de Ourense decidiu impugnar a camisa do candidato de En Marea pola provincia, David Rodríguez, ao entender que a estética da mesma non pode estar en consonancia cun alcalde, e menos cun deputado do Parlamento Galego. Segundo fontes consultadas por TemposGalegos, … Seguir lendo
Os usuarios de ForoCoches poderán votar en En Marea sen identificarse
Asinarán un acordo similar ao de Podemos que asegura a inclusión dos seus usuarios nas primarias de En Marea sen identificación. A coordinadora provisional de En Marea ven de asinar un novo acordo con ForoCoches para que os seus usuarios poidan votar nas primarias de En Marea. Deste xeito o listado de rexistrados na súa web … Seguir lendo
En Marea triste pola eliminación de España na Eurocopa
A coalición mostrouse entristecida polo resultado ante Italia. En Marea recoñeceu que “non foi o mellor partido” nin o que “esperaban”, pero propúxose continuar a animar á selección española nos vindeiros partidos e competicións. “Seguiremos apoiando á selección plurinacional como representación deportiva no conxunto do Estado”, subliñou a número uno por Pontevedra, Alexandra Fernández. Nunha primeira … Seguir lendo
Tone Gómez-Reino pásase ao porno gay
O novo bigote do deputado de EnMarea demostra o xa estendido rumor. Antón Gómez-Reino, ou Tone polo seu nome artístico, un dos novos deputados de EnMarea nas Cortes españolas, acabaría de dar o salto ao porno gay, segundo afirman fontes cercanas. Tal como puidemos ver na pasada fin de semana durante os actos de coronación da … Seguir lendo
Caso Prestige: a culpa é da Marea
O portavoz no Parlamento do Partido Popular, Pedro Puy, lanza unha ofensiva contra a coalición de Podemos e Anova. Catorce anos despois da traxedia marítima do Prestige e no día de coñecer a sentencia do Tribunal Supremo, que condea ao capitán do petroleiro, Prestige a 2 anos de cárcere, o voceiro do grupo parlamentar do … Seguir lendo
En Marea terá un subgrupo dentro do grupo de Podemos que non será un grupo senón un grupo de grupos
As formación que integran En Marea considera que a cousa xa queda suficientemente clara e non darán máis explicacións. O culebrón da última semana que protagonizou a posibilidade de que En Marea tivera grupo propio no congreso zanxouse na tarde de onte coa integración de todos os deputados da formación no grupo de Podemos. Segundo … Seguir lendo