Política

Os usuarios de ForoCoches poderán votar en En Marea sen identificarse


Asinarán un acordo similar ao de Podemos que asegura a inclusión dos seus usuarios nas primarias de En Marea sen identificación.

Primarias En MareaA coordinadora provisional de En Marea ven de asinar un novo acordo con ForoCoches para que os seus usuarios poidan votar nas primarias de En Marea. Deste xeito o listado de rexistrados na súa web sumarase ao censo do que dispón En Marea e poderán votar xunto cos inscritos da nova formación política e non se pedirá ningunha documentación que acredite a súa identidade á imaxe e semellanza do acordo acadado con Podemos.

Agárdase que nas próximas horas se poidan asinar acordos similares con Tuenti, Tinder e cos críticos de Yahoo Answers de xeito que todos os seus usuarios poidan participar nas primarias.

Preguntada a coordinadora de En Marea sobre os riscos de non pedir identificación aos seus votantes responderon que “No queremos crear fronteras. Nos da igual que las personas sean de Sanjenjo, Portugalete o Burkina Faso. ¡Identificarse es casta!”

 

 

One thought on “Os usuarios de ForoCoches poderán votar en En Marea sen identificarse

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.