A sala contará coa discografía completa de Extremoduro para que poidan versionar todas as súas cancións.
O PSOE pactou con Ciudadanos e o Partido Popular a composición da mesa do congreso dos deputados que pasará a presidir o socialista Patxi López. O reparto acordado polos grupos deixa unha mea na que o PP terá tres membros, o PSOE un (máis o presidente), dous Ciudadanos e outros dous Podemos.
O pacto para elixir o presidente da cámara conlevou que as candidaturas de confluencia en Galiza, Valencia e Catalunya perdan a posibilidade de obter grupo propio. Pero o PSOE non quiso perder a oportunidade que facerlle algún guiño a Podemos e ofreceulle unha sala da karaoke para o subgrupo de En Marea.
‘Seguimos mucho la campaña en Galicia y conocemos los gusto de los diputados gallegos. Por eso les ofrecemos unha sala de karaoke para ellos solos y que así puedan seguir cantando como hacían en campaña’, indicaron voceiros do PSOE no Congreso. ‘Esperamos que esto compense la pérdida del grupo pero si lo ven insuficiente podemos convencer a Besteiro para que se una a ellos’, engadiron.