Ao pouco de coñecerse a noticia, a camisa agotouse en todas as feiras.

Davide de Manzaneda e a súa camisa.
O Partido Popular de Ourense decidiu impugnar a camisa do candidato de En Marea pola provincia, David Rodríguez, ao entender que a estética da mesma non pode estar en consonancia cun alcalde, e menos cun deputado do Parlamento Galego.
Segundo fontes consultadas por TemposGalegos, a camisa do exalcalde de Manzaneda foi mercada nos anos 70 e atopada por atropólogos que estaban a estudar as diferentes modas rurais da segunda metade do s. XX. As mesmas fontes indican que, de prosperar a impugnación, esta so se aplicaría ao afectado, neste caso David Rodríguez, podendo outras persoas vestir a camisa.
Despois de que o TSXG se desinmiscuira do proceso, será o Tribunal Constitucional quen ditamine acerca da camisa. Pola súa banda desde En Marea aseguran que non se poden facer resposábeis da vestimenta dos seus candidatos, pero que tentarán na medida das súas posibilidades, axudar a que o fagan cun pouco de xeito.
Como primeira medida neste eido, a confluencia comprométese a adecuar as o tamaño das americanas do seu candidato Luis Villares, que a partir de agora serán mercadas en Orchestra.
Desde o País Vasco, Bildu afirma, que a prohibición a Otegi de presentarse nos vindeiros comicios electorais, podería estar directamente relacionada coa vestimenta do mesmo, e presentaran un recurso fundamentado polos mellores diseñadores vascos.