O presidente do goberno español, visiblemente enfadado por terlle tombado os orzamentos, pechouse dun portazo no seu cuarto. Así o contaron os seus pais tras tocarlle na porta e recibir unha zapatilla contra a mesma: “no quiere ver a nadie porque dice que en el Congreso se han reído de él, pero si no sale … Seguir lendo
Tag Archives: En Marea
Pedro Sánchez recoñece a David Bruzos como presidente de En Marea
O presidente do reino de España procede a recoñecer a David Bruzos como presidente de En Marea coa intención de que se convoquen canto antes eleccións libre e que sexan recoñecidos por todos. Con este movemento espera situarse na vangarda dos cambios e agarda que ‘pronto’ Donald Trump siga a súa estela. ‘Este reconocimiento no … Seguir lendo
Os críticos dos críticos de En Marea piden agora non votar
Critican o exceso de seguridade da plataforma de votación electrónica Esta semana levantábase a suspensión para votar nas eleccións internas de En Marea, o que permitiu fixar unha nova data. Así, o comité electoral da formación acordou que a votación se celebrase esta mesma fin de semana. Esta medida parecía dirixida a conseguir unha volta … Seguir lendo
En Marea organiza unha palestra sobre proteccion de datos
Despois do éxito acadado pola formación ruturista tras enviar a Julia Torregrosa, deputada cuxo vehiculo, sen seguro, estivo implicado nun accidente de trafico á Comision de seguridade vial e a Paula Quinteiro, trala sua polémica noite compostelá, na que empregou a sua condición de deputada para safar aos seus colegas de liortas policias a unha … Seguir lendo
Paula Quinteiro ficha cómo crashtester en Citröen
Do rupturismo parlamentario á ruptura automobilística Paula Quinteiro, deputada de En Marea e pertencente á corrente anticapitalista de Podemos, copa dende onte os medios galegos. Así, a Voz, a TVG ou a Radio Galega fanse eco das súas habilidades rupturistas. Feito polo cal a deputada xa ten unha oferta sobre a mesa cómo crashtester, e … Seguir lendo
En Marea instalará detectores de metais no seu plenario
A organización rupturista tomará medidas para que os seus militantes non se maten. O plenario de En Marea celebrarase este 15 de xullo no Pazo de Exposicións e congresos de Santiago de Compostela e as augas baixan revoltas debido aos embates que a nova corrente ‘Recuperar En Marea’ formada pola Marea Atlántica, a parte máis … Seguir lendo
Xulio Ferreiro di que o tipo que el elixiu non foi ben elixido
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, di que en En Marea hai dous proxectos políticos, “O meu e o do resto”, indicou. A entrevista que Xulio Ferreiro concedeu á cadena de radio do grupo Prisa segue a levantar polémica no seo de En Marea despois de que o alcalde da Coruña se despacha contra o actual … Seguir lendo
A MareaAtlántica pasará a chamarse Atlántica a partires deste luns
A vitoria dos críticos de EnMarea no Consello das Mareas deste pasado domingo fíxo que o partido coruñés decida quitarse o prefixo Marea- do seu nome. A cúpula da MareaAtlántica, Atlántica a partir de hoxe, decidiu por unanimidade dos que estaban a favor, cambiar o seu nome tralo varapao sufrido no día de onte, cando … Seguir lendo
O Consello das Mareas decidirá este domingo se decide decidir algo
Entre os puntos da orde do día estarán modificar a orde do día para decidir se se decide unha nova orde do día diferente da xa decidida. EnMarea segue dando pasos para constituírse nun partido político que se asente no territorio galego, máis non parece estar sendo doado desde o seu esencialismo participativo, preferentemente esgrimido … Seguir lendo
Sergio Ramos non entende como o Celta eliminou ao Real Madrid
Tanto Zidane como Florentino Pérez tentan a estas horas explicarlle como sumar os resultados dos partidos de ida e volta da Copa do Rei. O Celta de Vigo conseguía onte clasificarse para as semifinais da Copa do Rei despois de eliminar nos cuarto de final a nada máis que o Real Madrid, vixente campeón de … Seguir lendo