En Marea atenderá a petición da cerveceira e cambiará o seu logotipo para que ninguén poida pensar que a Mahou non é unha cervexa. A empresa Mahou-San Miguel enviou unha misiva á formación galega na que argumentaba que “Es obvia la confusión que se ha generado entre la imagen gráfica de su formación política y la…
Etiqueta: En Marea
A Coordinadora de En Marea obrigará a Villares a viaxar en BlaBla Car
Forzará ao ex maxistrado a ir en bicicleta se os traxectos son de menos de 30 quilómetros e a utilizar a coñecida aplicación para compartir coche se supera a treintena. Segundo trascendeu onte, a Coordinadora de En Marea rexeitou a petición de Luis Villares. Fontes próximas a En Marea indican que Iago Martínez tomou a palabra…
O PP impugna a camisa do candidato de EnMarea David Rodríguez
Ao pouco de coñecerse a noticia, a camisa agotouse en todas as feiras. O Partido Popular de Ourense decidiu impugnar a camisa do candidato de En Marea pola provincia, David Rodríguez, ao entender que a estética da mesma non pode estar en consonancia cun alcalde, e menos cun deputado do Parlamento Galego. Segundo fontes consultadas por TemposGalegos,…
Os usuarios de ForoCoches poderán votar en En Marea sen identificarse
Asinarán un acordo similar ao de Podemos que asegura a inclusión dos seus usuarios nas primarias de En Marea sen identificación. A coordinadora provisional de En Marea ven de asinar un novo acordo con ForoCoches para que os seus usuarios poidan votar nas primarias de En Marea. Deste xeito o listado de rexistrados na súa web…
En Marea triste pola eliminación de España na Eurocopa
A coalición mostrouse entristecida polo resultado ante Italia. En Marea recoñeceu que “non foi o mellor partido” nin o que “esperaban”, pero propúxose continuar a animar á selección española nos vindeiros partidos e competicións. “Seguiremos apoiando á selección plurinacional como representación deportiva no conxunto do Estado”, subliñou a número uno por Pontevedra, Alexandra Fernández. Nunha primeira…
Tone Gómez-Reino pásase ao porno gay
O novo bigote do deputado de EnMarea demostra o xa estendido rumor. Antón Gómez-Reino, ou Tone polo seu nome artístico, un dos novos deputados de EnMarea nas Cortes españolas, acabaría de dar o salto ao porno gay, segundo afirman fontes cercanas. Tal como puidemos ver na pasada fin de semana durante os actos de coronación da…
Caso Prestige: a culpa é da Marea
O portavoz no Parlamento do Partido Popular, Pedro Puy, lanza unha ofensiva contra a coalición de Podemos e Anova. Catorce anos despois da traxedia marítima do Prestige e no día de coñecer a sentencia do Tribunal Supremo, que condea ao capitán do petroleiro, Prestige a 2 anos de cárcere, o voceiro do grupo parlamentar do…
En Marea terá un subgrupo dentro do grupo de Podemos que non será un grupo senón un grupo de grupos
As formación que integran En Marea considera que a cousa xa queda suficientemente clara e non darán máis explicacións. O culebrón da última semana que protagonizou a posibilidade de que En Marea tivera grupo propio no congreso zanxouse na tarde de onte coa integración de todos os deputados da formación no grupo de Podemos. Segundo…
O PSOE ofrecerá a En Marea unha sala de karaoke para compensar a perda do grupo parlamentar
A sala contará coa discografía completa de Extremoduro para que poidan versionar todas as súas cancións. O PSOE pactou con Ciudadanos e o Partido Popular a composición da mesa do congreso dos deputados que pasará a presidir o socialista Patxi López. O reparto acordado polos grupos deixa unha mea na que o PP terá tres membros,…
Un Antón Sánchez do futuro revela os resultados das xerais
O deputado de AGE trae tamén consigo un bote de Neutrex. O deputado pola provincia da Coruña de AGE, Antón Sánchez, apareceu desde o futuro para dar unha rolda de prensa coa candidatura de EnMarea. Así o vicevoceiro do grupo parlamentar, claramente desmellorado, explicou moi por riba o futuro que nos agarda nos vindeiros 4 anos….
Yolanda Díaz marchará a Podemos despois das eleccións
A voceira de Esquerda Unida en Galicia marcaráse un Tania Sánchez e integraráse en Podemos despois das elección xerais do 20 de decembro. A boa relación e sintonía da ferrolá con Pablo Iglesias é pública e todo indica que se consumará na integración da actual militante de Esquerda Unida en Podemos. Desta maneira seguiría os…
Cerna anuncia que votará por EnMarea na provincia da Coruña.
A posibilidade da marcha a Madrid de Yolanda Díaz abre a porta para que a escisión de Anova amplíe o seu número de deputadas. Así o anunciaban no día de onte membros da formación nacionalista escindida de Anova, que á súa vez se escindirá do BNG. Tras os convulsos últimos meses de decantanción de formacións…
