Os críticos dos críticos de En Marea piden agora non votar

Critican o exceso de seguridade da plataforma de votación electrónica Esta semana levantábase a suspensión para votar nas eleccións internas de En Marea, o que permitiu fixar unha nova data. Así, o comité electoral da formación acordou que a votación se celebrase esta mesma fin de semana. Esta medida parecía dirixida a conseguir unha volta…

Nas próximas eleccións catalás votará toda España

“Los catalanes son muy catalanes y mucho catalanes”, declarou o presidente do goberno. Fontes próximas aos partidos españois indican que, ante o fracaso obtido en Cataluña polo bloque constitucionalista nas eleccións do 21 de decembro, prevén afondar no tratamento constitucional da situación. “Las cuestiones que afectan a todos los españoles deben ser decididas por todos…

O PP planea aplicar o art. 155 a quen non os vote

Así o confirmou o voceiro no Congreso Rafael Hernando. Calquera voto efectuado nas vindeiras eleccións, xa sexan de carácter municipal, autonómicas, europeas ou xerais, será susceptíbel de ser trocado sempre e cando este non corresponda co apoio ao Partido Popular. Deste xeito, e mediante reforma constitucional asegúrase a capacidade que terán os presidentes de mesa,…

Iker Jiménez viaxará a Galiza para investigar quen vota o PP

O presentador de cuarto milenio desprazarase ao noso país para tratar de desvelar o misterio que envolve os votos ao Partido Popular xa que todo o mundo nega telos votado pero conseguen maiorías absolutas. Á señora Lorinda aparecéronselle unhas siluetas de Feijoo na cociña ao estilo das caras de Bélmez. O fenómeno aconteceu nas Pereiras,…

O PP promete promesas electorais

Feijoo acaba de presentar o programa definitivo da súa campaña e a medida estrela vai ser prometer promesas electorais. Onte tivo lugar a rolda de prensa na que o Partido Popular amosou a súa estratexia de campaña. Nela, Miguel Tellado e Rueda anticiparon a táctica dos populares para manter a Xunta: as promesas. Deste xeito…

Erdogan convertirá A Coruña en distrito para as próximas eleccións

Tal como transcendeu despois da reunión da executiva do Partido da Xusticia e o Desarrollo (AKP), o primeiro ministro turco establecerá a cidade galega como distrito electoral para facilitar o trámite electoral a todos os habitantes da cidade. Deste xeito lévase a cabo unha petición popular con historia na que os habitantes da Coruña querían…

O BNG citará todos os seus votantes no Avante

O Bloque Nacionalista Galego buscará o contacto directo cos seus votantes e cítaos a todos no Avante. Segundo fontes próximas á organización nacionalista non teñen previsto reservar o local para eles porque haberá sitio de sobra. Así o manifestaron nunha circular interna que non chegou a todas as organizacións que aínda compoñen o BNG. Isca!…

Quintuplícanse a demanda de artigos sadomasoquistas

Na noite do 26 de xuño alcanzouse o máximo histórico nas vendas e encargos de artigos sadomasoquistas. As web especializadas neste tipo de artigos alcanzaron un novo teito nas demandas dos seus productos. Segundo informou a patronal que agrupa ao gremio de vendedores de productos de sadomaso o pico da demanda coincidiu ás 22:00, momento…

O PP lanza unha aplicación de Android para facilitar a carretaxe

O Partido Popular acaba de presentar unha aplicación para facilitar a carretaxe de votantes nas próximas eleccións. Trátase dunha mezcla de Bla Bla Car e Über e contará con monxas e apoderados de condutores voluntarios para trasladar octoxenarios dende residencias privadas e domicilios particulares ás mesas de votación. O servizo inclúe tamén unha papeleta de balde e…

O Dinoseto ocupará a cabeza de lista de Pontevedra ao Congreso polo PSOE

Soa para a carteira de Medio Ambiente. O Dinoseto encabezará a papeleta ao Congreso pola provincia de Pontevedra en representación do PSdeG-PSOE o vindeiro 26X. O arbusto que forma parte do círculo de confianza de Pedro Sánchez, mostrouse ilusionado pola oportunidade que se lle brinda na repetición dos comicios. Aínda que a súa candidatura non será oficial…