Dinoseto

O Dinoseto ocupará a cabeza de lista de Pontevedra ao Congreso polo PSOE


Soa para a carteira de Medio Ambiente.

Dinoseto soa para o Ministerio deMedio Ambiente.

Dinoseto soa para o Ministerio de Medio Ambiente.

O Dinoseto encabezará a papeleta ao Congreso pola provincia de Pontevedra en representación do PSdeG-PSOE o vindeiro 26X. O arbusto que forma parte do círculo de confianza de Pedro Sánchez, mostrouse ilusionado pola oportunidade que se lle brinda na repetición dos comicios.

Aínda que a súa candidatura non será oficial ata que sexa aprobada, a finais de maio, pola executiva federal, ao Dinoseto non deixan de saírlles importantes apoios. Desde o propio líder do PSOE, que lle dedicaba un chío o pasado luns nunha visita fugaz á cidade olívica para coñecer ao candidato.

pdro dinosetoPola súa banda, Abel Caballero, mostrouse encantado ao coñecer a noticia, tanto pola amizade que o une coa pranta ornamental, como porque un camarada de Vigo tome a iniciativa e se presente para encabezar a lista na provincia de Pontevedra.

Todo apunta a que o Dinoseto se podería encargar do Ministerio de Medio Ambiente no caso de que o PSOE sexa capaz de obter un bos resultados e conformar goberno.

O Dinoseto xa anunciou que en caso de obter representación na nova cita electoral abandonará o seu posto na rúa García Barbón de Vigo, ao entender que ambos os postos non son compatibles.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.