Sociedade

Iker Jiménez viaxará a Galiza para investigar quen vota o PP


O presentador de cuarto milenio desprazarase ao noso país para tratar de desvelar o misterio que envolve os votos ao Partido Popular xa que todo o mundo nega telos votado pero conseguen maiorías absolutas.

feijoo-belmezÁ señora Lorinda aparecéronselle unhas siluetas de Feijoo na cociña ao estilo das caras de Bélmez. O fenómeno aconteceu nas Pereiras, un pobo de Quintela de Leirado e segundo parece as caras dixéronlle que tiña que votar a Feijoo. “Era una silueta de Feijoo circunscrito en el mapa de Galicia, como no le iba a hacer caso”, indicou unha das testemuña presenciais. Pola súa banda, investigadores do programa desvinculan que a familia do alcalde teña todos os negocios do pobo e a máis de media familia colocada na Mancomunicade de Celanova como causa do voto masivo na comarca.

Pola súa banda, un veciño de Loureiro unha pequena poboación do concello coruñés de Mazaricos, indicou que o sábado de reflexión foi abducido por uns extraterrestres. “Os moi lambóns metéronme unha sonda polo cú e, cando remataron, xa só tiña gañas de votar polo Feijoo”, declarou.

Estes e outros fenómenos estraños centrarán un programa especial que emitirá Cuatro e no que Iker Jiménez se desplazará a Galiza para analizar os fenómenos paranormais que fan que as galegas e galegos voten maioritariamente ao Partido Popular.

voto-pp-paranormal

4 thoughts on “Iker Jiménez viaxará a Galiza para investigar quen vota o PP

  1. Dende que teño acordo, sempre se deu o mesmo, ninguen recoñece votar o PP,como se fose un delito, e chegan as votacions e mayoria absoluta. Misterio que haber se o disfrace o Iker Ximenez.

  2. Hpues la cosa la tengo bastante clara despues d pasarme 12 horas en las urnas puedo decir que mientras los jovenes dormian la moña pensando mi voto no va a arreglar el mundo… Los abueletes ( me refiero con cariño a las personas d mas de 65 años…) hacian cola para ir a votar incluso antes d la apertura de los colegios… Luego a la tarde hubo mas movimiento de gente joven pero en menor proporcion… De ahi que abrir la urna la mayoria de los votos PP y Psoe se acumulaban por la mañana y los de Marea POR LA TARDE… no hay misterio, TENEMOS EL GOBIERNO QUE NUESTROS ABUELOS QUIEREN SIN MAS… ellos no usan facebook ni redes sociales por lo que votan al que mas conocen o mejor les cae…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.