Política

O PP promete promesas electorais


Feijoo acaba de presentar o programa definitivo da súa campaña e a medida estrela vai ser prometer promesas electorais.

feijoo-promete-promesas

Feijoo promete prometer moitas cousas como floteles e parques acuáticos

Onte tivo lugar a rolda de prensa na que o Partido Popular amosou a súa estratexia de campaña. Nela, Miguel Tellado e Rueda anticiparon a táctica dos populares para manter a Xunta: as promesas.

Deste xeito prometeron un programa electoral a través dun PowerPoint de color azul clariño para que as persoas vernáculas do país se poidan sentir identificadas co galeguismo pero non tan evidente para que o resto dos seus votantes non o poidan identificar co color do ceo. Na primeira diapositiva amosouse infografía dun libro. “Prometemos este programa electoral”, comezou Miguel Tellado para dar paso a Alfonso Rueda que indicou que “prometeremos promesas electorales. Todas. Incluso prometeremos las promesas de otros partidos. Nadie nos va a ganar a prometer. Lo prometo”.

A continuación tomou a palabra Alberto Núñez Feijoo que indicou que “Prometemos floteles a cascoporro. Ni casas sin gente ni gente sin floteles”. Intervención que foi ratificada pola Conselleira do Mar, Rosa Quinta, “Si, prometemos muchos floteles. Nos van hacer falta porque Rueda nos dijo que la marea viene con fuerza”.

Miguel Anxo Bastos, profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela xa indicou que “Esta estratexia electoral estudiarase nas facultades do futuro. Prometer promesas, nunca che vin cousa máis intelixente. Van varrer con toda esta nova esquerdallada. ” e proporá ao director de campaña do Partido Popular para ser investido doutor honoris causa da universidade compostelá.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.