Internacional

Erdogan convertirá A Coruña en distrito para as próximas eleccións


Erdogan celebrando un triunfo do Depor a pasada tempada.

Erdogan celebrando un triunfo do Depor a pasada tempada.

Tal como transcendeu despois da reunión da executiva do Partido da Xusticia e o Desarrollo (AKP), o primeiro ministro turco establecerá a cidade galega como distrito electoral para facilitar o trámite electoral a todos os habitantes da cidade.

Deste xeito lévase a cabo unha petición popular con historia na que os habitantes da Coruña querían facer uso da súa nacionalidade otomana.

Queda agora por dilucidar se o nacionalismo Koruño conformará lista para estes comicios, que de ser así podería conseguir unha grande porcentaxe de votos na cidade de Hércules.

Erdogan cumpre así coa súa palabra de reunificación do grande imperio otomano, no cal, unha das súas partes se asentaba a orillas do atlántico. Pola contra Carlos Negreira, do Partido Popular da Coruña, di non saber nada da nova, e que sempre e cando redunde no benestar do empresariado coruñés, non se oporá a consulta. Pero advirte, que se pretenden cercenar as liberdades coruñesas para tentar unha secesión independentista porá o asunto en mans do Valedor do Pobo.

2 thoughts on “Erdogan convertirá A Coruña en distrito para as próximas eleccións

  1. E en Vigo Caballero reta a Leiceaga a que se non acepta os seus nomeados, que como sabemos tódolos vigueses, son palabra de dios, pois convertira a Vigo nunha freguesia portuguesa, voltando os nosos verdadeiros orixes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.