O líder de Ciudadanos pensa que estas cousas soamente afondan na división entre españois.
A publicación da sentenza sobre a Gürtel e a condea ao PP como partido non inmuta nin un ápice o discurso de Ciudadanos. Nesa liña Albert Rivera indicou que non vía corruptos e honrados e que soamente vía españois afondando no mantra da súa convención política da semana pasada.
25O certo é que a moción de censura que se pode estar cocendo por parte do Psoe para desaloxar do goberno a Mariano Rajoy preocupa e moito en Ciudadano. Segundo fontes próximas ao partido laranxa isto ‘nos obligaría a posicionarnos con el Psoe y… ¡nosotros nos nutrimos de votantes del PP!’ Deste xeito todo o asunto da condena do PP podería dar ao traste coas espectativas dos de Rivera e Jirauta.
As mesmas fontes indican que xa se reuniu un gabinete de crise e que a aposta podería ser a mesma que na asemblea de Madrid ‘podemos decir que apoyamos la moción pero con la idea de que sustituyan a Rajoy por otro de los suyos como por ejemplo Albert Rivera’, comentan.
Pola súa banda o Pedro Sánchez debátese entre presentar a moción de censura ou non porque se non o apoian os de Albert Rivera tería que pactar cos partidos nacionalistas e con Podemos o que provocaría que o proxecto federal que ten o partido socialista puidera levarse a cabo.