O Partido Popular acaba de presentar unha aplicación para facilitar a carretaxe de votantes nas próximas eleccións. Trátase dunha mezcla de Bla Bla Car e Über e contará con monxas e apoderados de condutores voluntarios para trasladar octoxenarios dende residencias privadas e domicilios particulares ás mesas de votación. O servizo inclúe tamén unha papeleta de balde e … Seguir lendo
Tag Archives: eleccións
O Dinoseto ocupará a cabeza de lista de Pontevedra ao Congreso polo PSOE
Soa para a carteira de Medio Ambiente. O Dinoseto encabezará a papeleta ao Congreso pola provincia de Pontevedra en representación do PSdeG-PSOE o vindeiro 26X. O arbusto que forma parte do círculo de confianza de Pedro Sánchez, mostrouse ilusionado pola oportunidade que se lle brinda na repetición dos comicios. Aínda que a súa candidatura non será oficial … Seguir lendo
EnMarea consternada pola decisión de CxG de presentarse por separado
‘So nos faltaría que Cerna tampouco quixera vir con nós’ aseguran desde En Marea. A decisión tomada pola Convención Nacional de Compromiso por Galicia colleu por sorpresa á coalición formada por Anova, Esquerda Unida e Podemos, e apoiada por algunhas das candidaturas municipais do pasado maio. Compromiso decidía por un porcentaxe do 71% constituírse como … Seguir lendo
Constátase que Besteiro é un cantante
En contra do que puidese parecer non foi por ningunha actuación política do PSOE. A tibieza do líder do partido socialista en Galicia co caso Manuel Martínez, o cuasitránsfuga da Deputación de Lugo e as actuacións agarrándose ao posto despois da súa imputación xudicial propiciaron que, dende a oposición, fora cualificado de ‘cantante’. Tal feito … Seguir lendo
Yolanda Díaz marchará a Podemos despois das eleccións
A voceira de Esquerda Unida en Galicia marcaráse un Tania Sánchez e integraráse en Podemos despois das elección xerais do 20 de decembro. A boa relación e sintonía da ferrolá con Pablo Iglesias é pública e todo indica que se consumará na integración da actual militante de Esquerda Unida en Podemos. Desta maneira seguiría os … Seguir lendo
Podemos podería descartar confluír con Podemos
A organización liderada por Pablo Iglesias acaba de dar un golpe de efecto crucial para as próximas eleccións ao parlamento español. Anunciaron que non confluirán con ninguén xa que a marca e moi importante e avanzaron que nin sequera confluirían con eles mesmos se non adoptan a denominación ‘Podemos – outra cousa’. ‘Anunciamos que o … Seguir lendo
Queren que os teléfonos intelixentes poidan ser candidatos nas eleccións.
Unha nova candidatura unitaria podería estarse a argallar para as vindeiras eleccións xerais. O orixinal desta candidatura unitaria é que, a diferencia das demáis candidaturas unitarias, non nace dunha escisión de ningunha candidatura unitaria. O miolo desta candidatura é que os aparellos intelixentes, nomeadamente os teléfonos, poidan ser candidatos ás eleccións: “Moitos telefónos son máis … Seguir lendo
Lanzan un manifesto a favor da división da esquerda
O manifesto asinado de xeito simbólico por 100 persoas pretende abrir o debate sobre a presentación de candidaturas ás xerais de calquera xeito. “O cambio político en Galicia e no Estado non é posible”. É unha das ideas das que parte o manifesto do Encontro Cidadán para ir por separado, o colectivo que dende mediados do … Seguir lendo
Alcalde merca un crocodilo para ter máis ‘mordidas’
A crise leva aos alcaldes a ser imaxinativos para manter o nivel de ‘mordidas’ A crise do ladrillo e o conseguinte pinchazo da burbulla inmobiliaria baixou o nivel de renta de moitos alcaldes. O nivel de construción retrocedeu a niveis dos anos oitenta e isto provoca que o nivel de ingresos ao que estaban acostumados … Seguir lendo
O PSOE de Vigo presenta unha lista plural que acolle a todas as sensibilidades
O PSdeG-PSOE de Vigo presentará unha lista electoral que recolle todas as sensibilidades do partido Despois das interminables batallas internas dentro do PSOE vigués a dirección conseguiu pacificar a organización e presentará, nestas municipais, unha lista plurar e que recolla todas as sensibilidades do partido. Deste xeito todos os postos da lista van ser ocupados … Seguir lendo