“Los catalanes son muy catalanes y mucho catalanes”, declarou o presidente do goberno.
Fontes próximas aos partidos españois indican que, ante o fracaso obtido en Cataluña polo bloque constitucionalista nas eleccións do 21 de decembro, prevén afondar no tratamento constitucional da situación. “Las cuestiones que afectan a todos los españoles deben ser decididas por todos los españoles. Como Cataluña es España debemos votar todos”, indicaron en declaracións posteriores á cita electoral.
Segundo inquéritos internos que manexan os partidos unionistas, mediante esta fórmula é posible que gañen pero tampoco estaría seguro. A estratexia entón sería incluír no censo a Francia, Estados Unidos e Burkina Faso. Nese terceiro escenario xa valoran non ter problemas salvo que Pamela Anderson faga unha campaña de mobilización agresiva. Se se producira este escenario e volveran perder as eleccións valorarían que as eleccións de Calalunya foran celebradas co censo de Murcia pero con mesas de votación en Extremadura. No caso de que tamén perdera o unionismo entón si que se valoraría unha reforma constitucional para introducir un artigo no que se fusionaran a comunidade de Madrid e Catalunya que implicara que o Real Madrid e FC Barcelona fosen o mesmo equipo.