Así o confirmou o voceiro no Congreso Rafael Hernando.
Calquera voto efectuado nas vindeiras eleccións, xa sexan de carácter municipal, autonómicas, europeas ou xerais, será susceptíbel de ser trocado sempre e cando este non corresponda co apoio ao Partido Popular.
Deste xeito, e mediante reforma constitucional asegúrase a capacidade que terán os presidentes de mesa, que a partir de agora serán nomeados polo executivo estatal, para trocar todas aquelas papeletas que se correspondan con outro partido político distinto do PP.
Á espera de que PSOE de validez a esta proposta de cambio constitucional (todo apunta que será nas vindeiras horas), a dirección dos populares móstranse satisfeitos coa nova orde e asegura que todos os partidos terán as mesmas oportunidades nos comicios, tan só se trata dunha cuestión de validez dos votos, que neste caso lle tocará dirimir aos presidentes de mesa.
non os vote
https://polldaddy.com/js/rating/rating.js
Cambiado