Os líderes mundiais non quixeron pasar desapercibidos e organizáronse para lograr batir un novo récord Guiness. O selfie protagonizado polos presidentes de diferentes países do mundo, durante a manifestación do pasado domingo día 11 en París, acaba de ser condecorado co Guiness World Record a fotografía máis demagóxica nunha manifestación non política. A foto tomada ao…
Categoría: Sociedade
Consuelo Martínez reclama parte da herdanza da Duquesa de Alba para o Grupo Mixto
De non ser así anunciou que recorrería ao Tribunal Constitucional Consuelo Martínez, nova integrante do Grupo Mixto, xunto con Carmen Iglesias reclamou parte da herdanza da Cayetana Fitz-James Stuart para conformar e completar a dotación económica do Grupo Mixto. Segundo anunciou a parella nun comunicado están dispostas a renunciar a 3/5 partes sempre e cando as outras…
Adolfo Domínguez pide a reinstauración da escravitude
Despois de solicitar o despedimento libre, o deseñador de moda pide á volta á exclavitude O deseñador ourensán sembrou novamente a polémica despois de solicitar ao goberno que legalizara o despedimento libre. Segundo transcendeu o empresario solicitou á reinstauración da escravitude e reeditou a famosa frase “Vivan las cadenas” durante un desfile onde substituiu os…
Pablo Iglesias lanzará unha colección de coleteiros para celebrar o nº 1 nas enquisas
Anuncian que xa chegaron a un acordo de comercialización con Alcampo Pablo Iglesias vai celebrar a súa chegada ao primeiro posto das enquisas electorais lanzando unha colección de coleteiros deseñados polo círculo de márketing político de Podemos que agarda que a nova liña de merchandansing teña tanto éxito como o seu líder. Na rolda de…
Constátase que Vigo é unha cidade dormitorio de Ourense
Que a grande parte da poboación da urbe industrial teña ascendencia ourensá abriu o camiño aos investigadores A instalación da fábrica de PSA Citroën en Vigo mudou a fisionomía da cidade, comentan investigadores do campo da Xeografía Humana da UNED da Coruña que se adicaron ao estudo dos cambios poboacionais na cidade olívica. Segundo consta no estudio foi…
Paco Trigo deixará Anova para converterse en porteiro dunha discoteca de Cambados.
Así o anunciaba mediante un comunicado dirixido a dirección do partido. Paco Trigo, histórico nacionalista e exdeputado galego polo BNG deixa a súa militancia dentro da organización, onde ate a pasada Asemblea Nacional era membro do Tribunal da Santa Inquisición, para dedicarse a outro dos seus praceres, agarrar á xente pola solapa. Segundo puido saber Tempos…
O TC suspende a consulta dunha comunidade de veciños que quería instalar un ascensor
“Queren dividir os veciños entre os que soben a pe e os que usan trebellos mecánicos separatistas”, declarou un veciño contrario á instalación O Tribunal Constitucional reuniuse onte de urxencia para declarar a suspensión dunha xuntanza da comunidade de veciños da rúa Agra da Bragua nº 7 da Coruña porque estaban a punto de tomar…
A OCU denuncia a falsidade e incongruencia da mantequilla light
A Organización de Consumidores e Usuarios(OCU) denuncia publicamente o fraude publicitario que supoñen este tipo de productos, enganando á sociedade con termos enganosos, por riba estranxeiros, para asimilalos con productos sanos e saludábeis. “É como se sacamos unha liña de panceta light, zorza bio ou albóndigas con bífidus activos”. Así se expresaba o presidente da…
Desvelan que o Pazo de Meirás é, en realidade, un piso franco
“No sé por que lo llaman Pazo, es poco más grande que un pisito”, declarou Carmen Martínez-Bordiu O descubrimento foi realizado tras a recente portada da neta do dictador nunha coñecida revista de sociedade e, en declaracións en petit comité puido ser escoitada por un xornalista dicindo que non sabía “por que lo llaman Pazo,…
O PP pide aos seus cargos “non exercer a prostitución nin a mendicidade”
Despois de que se denunciara no Parlamento de Galiza que a Xunta lle exixía as persoas perceptoras da Risga que “non exerceran a prostitución nin a mendicidade” o PP faino extensible os seus cargos Segundo avanzaron responsables de prensa do Partido Popular de Galicia o presidente ten en mente incluír a prohibición de exercer a prostitución e a mendicidade…
O Telexornal informará sobre hortalizas xigantes para contrarrestar as novas sobre recortes
O consello editorial da CRTVG prevé lanzar unha campaña para tapar as novas sobre os novos recortes da Xunta e do goberno central Traballadoras e traballadores da TVG alertan de que a dirección da canle trata de contrarrestar as noticias sobre os recurtes do goberno autonómico e central mediante unha batería de noticias sobre hiperhortalizas…
Miles de persoas terán proídos xenitais no festival de Ortigueira
As causas serán fundamentalmente o desenfreno sexual e a necesidade de “cagar de campo” “A confluencia de falta de luz, exceso de alcol e necesidades fisiolóxicas pódense converter nun inferno” advirten expertos en festivais de verán. Segundo explican, a falta de luz pode facer que non nos fixemos onde apoiamos os nosos cus ou xenitais…
