
Imaxe dun dos productos no mercado ofrecidos como mantequilla “light”.
A Organización de Consumidores e Usuarios(OCU) denuncia publicamente o fraude publicitario que supoñen este tipo de productos, enganando á sociedade con termos enganosos, por riba estranxeiros, para asimilalos con productos sanos e saludábeis.
“É como se sacamos unha liña de panceta light, zorza bio ou albóndigas con bífidus activos”. Así se expresaba o presidente da OCU nunha conferencia en Galiza o pasado martes. “Xa no la quixeron meter doblada cos Iogures Bífidus, que eran moi bos porque te ías pola pata abaixo, pero a nosa denuncia fixo que se lle prohibise ese nome, e agora chámanse Activia. Outro caso é o das patacas Lays Artesanas, que de artesás teñen máis ben pouco, a obriga por parte do ministerio a cambiar ese nome fai que agora se chamen Artesancis e xogan coa tipografía para que todos nós leamos artesanas igualmente, pero témolas no noso punto de mira”.

Lays Artensancis, xoga coa tipografía para facernos crear que son artesás.
En Galiza, ACOUGA, a Asociación de Consumidores e Usuarios Galegos, tamén quixo facer fincapé nas incongruencias que presentan estos produtos, “Chámanlle mantequilla light, que no lo expliquen! Esta non está feita de graxa?” por outra banda aproveitaron tamén para facer fincapé no encarecemento destes produtos “light”, “de ser light, xa sexa mantequilla, margarina, cervexa ou tabaco, presupónselle, a priori, que deberán ter algo de menos, en cambio nós pagamos máis por estes productos. Pagamos máis por menos, isto é de tolos! Estamos inflando o prezo do diñeiro a costa dunha falsa salubridade.”