“No sé por que lo llaman Pazo, es poco más grande que un pisito”, declarou Carmen Martínez-Bordiu

“Para serle franco le digo que lo sigo teniendo todo atado y bien atado”, declarou o dictador a través dunha ouija
O descubrimento foi realizado tras a recente portada da neta do dictador nunha coñecida revista de sociedade e, en declaracións en petit comité puido ser escoitada por un xornalista dicindo que non sabía “por que lo llaman Pazo, Meirás es poco más grande que un pisito”.
Os grupos da oposición xa se apresuraron a dicir que o Pazo de Meirás era un Ben de Interese Cultural (BIC) e que debera pertencer ao pobo xa que a familia Franco o usurpou despois de que as veciñas e veciños da comarca tiveran que facer achegas forzosas baixo amezas e extorsión e tiveran que vender a prezos irrisorios os terreros que se utilizaron para ampliar a extensión do pazo ao que hai que sumarlle as doazón baixo ameazas de safección co réxime.
Preguntada Carmen Martínez-Bordiu sobre estas cuestións respondeu airadamente “BIC, que carajo es un BIC. BIC Naranja escribe fino, BIC Cristal escribe normal. Esto no es un bolígrafo…”.
Tras un receso para que seus asesores lle explicaran o que significa ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC) a neta do exdictador volveu a atender aos medios e declarou que “La gente no puede venir aquí. Ni que lo hubieran pagado ellos…”
Ten razón. É un “pisiito” de protección oficial