Os líderes mundiais non quixeron pasar desapercibidos e organizáronse para lograr batir un novo récord Guiness.

Líderes mundiais facéndose o seu Selfie World Record.
O selfie protagonizado polos presidentes de diferentes países do mundo, durante a manifestación do pasado domingo día 11 en París, acaba de ser condecorado co Guiness World Record a fotografía máis demagóxica nunha manifestación non política.
A foto tomada ao comezo da manifestación pola paz e a liberdade de expresión, despois dos atentados que causaroon a vida a 12 debuxantes da revista cómica Charlie Hebdo, convértese así nun fito histórico ao conseguir reunir nela a múltiples presidentes e políticos totalmente enfrontados a calquera clase de liberdade de expresión como poden ser o israleí Netanyahu, Mariano Rajoy ou a mesma kaiser Merkel.
A escenografía da foto, que pretendía facer ver que os líderes mundiais estaban na manifestación acabou realizándose nunha rúa contigua para evitar así que os políticos tiveran que tocarse coa plebe.
Membros cercanos aos altos estamentos da UE confirman que nas próximas semanas tentarán batir o récord de argucias inventadas para provocar unha guerra pola paz, se ben é certo que os EUA, agora mesmo en posesión deste fito non llelo vai poñer fácil.

François Hollande pide calma e que ninguén se adiante para famosear na foto.