“Queren dividir os veciños entre os que soben a pe e os que usan trebellos mecánicos separatistas”, declarou un veciño contrario á instalación
O Tribunal Constitucional reuniuse onte de urxencia para declarar a suspensión dunha xuntanza da comunidade de veciños da rúa Agra da Bragua nº 7 da Coruña porque estaban a punto de tomar unha decisión sobre a instalación dun ascensor no seu bloque.
A suspensión foi solicitada ao goberno central por un veciño que non estaba de acordo con que se sometera á decisión dos veciños a instalación dun ascensor e, despois de ameazar con recursos xa que, ao seu xuízo, a consulta era ilegal; solicitou a intervención de Mariano Rajoy para que impedira a consulta.
“Queren dividir os veciños entre os que soben a pe e os que usan trebellos mecánicos separatistas”, declarou o veciño contrario á instalación que responde á siglas MRB. “Os instalacionistas están a romper o consenso constitucional desta comunidade e, os que estamos no bando da lei e o estado de dereito, non o imos consentir”, engadiu.
Pola súa banda AMG, presidente da comunidade, declara que vai proseguir adiante coa consulta aínda e que xa ten preparada a urna para a votación o 9 de novembro. A xefatura da policía local xa avisou de que se intentaban realizar a votación serían detidos.
Pola súa banda, Paco Vázquez xa solicitou que se enviaran tanques ao enderezo e solicitou que se suspendera a xunta da comunidade.