
Paco Trigo uniformado coa súa roupa de traballo
Así o anunciaba mediante un comunicado dirixido a dirección do partido.
Paco Trigo, histórico nacionalista e exdeputado galego polo BNG deixa a súa militancia dentro da organización, onde ate a pasada Asemblea Nacional era membro do Tribunal da Santa Inquisición, para dedicarse a outro dos seus praceres, agarrar á xente pola solapa.
Segundo puido saber Tempos Galegos, Paco Trigo traballará nas noites dos venres e sábados na discoteca ZAO de Cambados, onde regulará o acceso dos usuarios e velará pola seguridade dos alí presentes.
Trigo afirma que, cando menos por un tempo, abandonará a formación frontista, pero deixa claro que os seus esforzos “irán noutra dirección, cando menos mentres Anova, manteña a liña españolista que a vén caracterizando últimamente”.
Arquitecto de formación, sempre gustou do mundo da noite. Recordada é a anécdota, cando sendo deputado do BNG e xestionaba as finanzas do partido, deixou esquecidos documentos económicos deste nun club nocturno.
“Agora por fin me vou adicar ao que me gusta, e con menos comeduras de testa que na sucursal de IU. Eu son socialdemócrata galego e non me vou someter ao xugo do españolismo, nin vou obedecer as súas ordes”.