As declaracións saídas da ONU en contra da Lei Mordaza e o recorte de liberdades no estado español propician que o goberno adopte a decisión Fontes próximas ao goberno de Mariano Rajoy filtraron hoxe que o goberno estaría a pensar en introducir á ONU na lista de organizacións terroristas por opoñerse á Lei Mordaza. As…
Categoría: Internacional
Machos Alfa de ISIS denuncian ás Unidades de Autodefensa Femininas Kurdas por danos morais
Despois da derrota sufrida polos terroristas do ISIS en Kobane, na que tiveron especial importancia as YPJ (unidades guerrilleiras do pobo Kurdo compostas por mulleres) moitos machitos alfa fuxiron co rabiño entre as pernas cara ningures. Non se atreven a regresar ós seus lugares de orixe, xa que despois de anos falando da suposta superioridade tanto…
O PP enviará papel hixiénico e cueiros a Grecia ante a victoria de Syriza
A victoria do partido da esquerda radical grega Syriza mobiliza a afiliados, simpatizantes e empresarios da dereita española. Os resultados obtidos polo líder da esquerda grega, Alexis Tsipras, encenderon onte todas as alarmas en Génova, a victoria do partido radical abre un novo escesnario de batalla a nivel europeo no que a esquerda rupturista colle…
Podemos beatificará a membros da dirección do Partido Popular
O partido liderado por Pablo Iglesias anunciou que, coa chegada do nadal, realizará unha beatificación masiva de directivos do Partido Popular, por ser quen máis están facendo para acabar con eles mesmos. A organización política Podemos organizará en Madrid, nas vindeiras datas de nadal, beatificacións masivas de membros do Partido Popular. Segundo reza o comunicado…
Artur Mas: “Espanya vai de guai e non chega a chachi”
O President deixa claro que non se amilanará ante as ameazas xudiciais procedentes de Madrid. Así parafraseando aos rockeiros galegos Medomedá, Artur Mas referíase ao goberno do Estado español e veladamente ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Artur Mas asegurou en rolda de prensa que as presións que desde os estamentos xudiciais españois se están a…
Ana Aznar, nova afiliada do PNV
Unha foto colgada na rede social Twitter vén de desatar a tormenta mediática da semana. A filla de José María Aznar, expresidente do goberno español, posa xunto ao seu marido Alejandro Agag coa bandeira vasca, a ikurriña. Tralas investigacións levadas a cabo por diversos foros de internet como Forocoches.com ou Mediavida.com confirmaríase a noticia. Ana…
Membros do PP de Catalunya trabúcanse e carrexan a anciáns a votar
Sucedía na maña de onte, durante o transcurrir da histórica xornada para Catalunya do 9N. Sobre as 11h da pasada mañá, durante as votacións sobre a independencia de Catalunya, algo que non estaba previsto sorprendía aos observadores internacionais que vixiaban o correcto funcionamento da xornada de referendo organizada polo pobo catalán. Membros do Partido Popular…
Jordi Hurtado, unha liña que Artur Mas non está disposto cruzar
Filtracións internas do Parlament Catalán apuntan que as tensións orixinadas nos últimos días entren CiU e ERC veñen dadas por unha das liñas vermellas marcadas polo President de cara á celebración da consulta independentista. Nos últimos días, e a tan só unha semana da consulta, todo podería irse ao traste se as cúpulas de ERC e…
Emigrantes galegos en Euskadi propoñen chamar á bandeira Galega ‘A kurriña’
Varios colectivos de galegos residentes en Euskal Herria proporán ao Parlamento Galego renomear á bandeira galega. O nome: ‘A kurriña’ Deste xeito queren sellar un vínculo creado entre matrias irmás, labrada tras anos de emigración galega a terras vascas. Así ‘a kurriña’ convertiríase na irmá simbólica da ikurriña enlazando a ambos pobos dunha maneira histórica. “A…
Rajoy e Merkel intercambian ideas peregrinas en Compostela
A chanceler Angela Merkel e o presidente do goberno español percorreron un traxecto do Camiño de Santiago e aproveitaron para intercambiar ideas peregrinas A visita da chanceler alemá a Galiza foi aproveitada por Mariano Rajoy para intercambiar ideas. Entre elas destaca a peregrina idea de que Luis de Guindos, actual Ministro de Economía e copartícipe das…
Ferrol buscará a irmandade con Detroit
O alcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela deu a coñecer que, co obxectivo de ter un intercambio cultural e educativo, o municipio buscará irmandarse coa cidade americana de Detroit, onde se atopa o berce do sector industrial e automobilístico mundial. “Sabemos que é un pouco complicado o tema pola distancia, pero con todo queremos…
Alfonso Guerra foi o encargado de coordinar a campaña electoral de Kim Jong-un
O exvicesecretario xeral do PSOE, Alfonso Guerra, foi o encargado de coordinar a campaña electoral comunista, segundo informes da CIA, e pola cal Kim Jong-un acadou uns resultados do 100% dos votos nos pasados comicios. A mensaxe política e a imaxe foron os puntos clave da campaña dirixida polo español, isto é, os dirixentes comunistas…
