Internacional

O goberno meterá á ONU na lista de organizacións terroristas por oporse á Lei Mordaza


As declaracións saídas da ONU en contra da Lei Mordaza e o recorte de liberdades no estado español propician que o goberno adopte a decisión

onu

ONU Ta Askatasuna. Na imaxe o logo que parece un punto de mira sobre o mundo

Fontes próximas ao goberno de Mariano Rajoy filtraron hoxe que o goberno estaría a pensar en introducir á ONU na lista de organizacións terroristas por opoñerse á Lei Mordaza. As declaracións do organismo internacional en contra do recorte de dereitos en España non gustaron aos populares que buscan un golpe de efecto para tratar de desacreditar as opinións de Nacións Unidas.

‘Si alguien está pensando en alterar el orden con manifestaciones y concentraciones es un terrorista. De la misma manera, si alguien los defiende, también es un terrorista y como tal debe ser tratado’, explica ao noso medio unha fonte da portavocía do goberno que prefire manterse no anonimato.

‘Con sus declaraciones en contra del orden y la unidad, la ONU está defendiendo a toda la perroflautada terrorista del 15M. Además, ¿alguien se fijó en el logotipo ese de la ONU? ¡Mírenlo!’, engaden, ‘Es un dibujo de un punto de mira apuntando al mundo. Si con eso no está suficientemente claro…’.

 

One thought on “O goberno meterá á ONU na lista de organizacións terroristas por oporse á Lei Mordaza

  1. É unha torpeza estratéxica declarar a ONU organización terrorista. Mellor comprala, como facemos nós.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.