Internacional

Emigrantes galegos en Euskadi propoñen chamar á bandeira Galega ‘A kurriña’


Varios colectivos de galegos residentes en Euskal Herria proporán ao Parlamento Galego renomear á bandeira galega. O nome: ‘A kurriña’

Estreleira. Bandeira Galega.

Estreleira. Bandeira Galega.

Deste xeito queren sellar un vínculo creado entre matrias irmás, labrada tras anos de emigración galega a terras vascas. Así ‘a kurriña’ convertiríase na irmá simbólica da ikurriña enlazando a ambos pobos dunha maneira histórica. “A nosa bandeira e moi bonita e chuliña, é moi curriña”, declararon.

A bandeira galega, ate o de agora coñecida como a Estreleira, pasaría a ser un referente máis da cultura emigrante galega, que durante anos tivo que abandoar o seu país na búsqueda de oportunidades. Nos últimos anos coa chamada mobilidade exterior para aprender idiomas a base cultural parecía perderse, máis con esta proposta pretenden devolver a Galiza un nome en Europa.

Ikurriña. Bandeira de Euskal Herria.

Ikurriña. Bandeira de Euskal Herria.

En Galiza, colectivos nacionalistas ven con bos ollos o cambio máis mostránse reacios ao abandono do seu anterior nome, propoñendo que se chame a Estreleira kurriña en mostra de cesión e búsqueda do consenso.

Ao peche desta edición os partidos políticos con representación no Parlamento Galego non se pronunciaban ao respecto, aínda que si o facía Paula Prado á saída do Hórreo, “que se dejen de banderas perífericas que sólo saben fomentar el odio y el secesionismo, en Galicia tenemos una bandera y es la de España”.

2 thoughts on “Emigrantes galegos en Euskadi propoñen chamar á bandeira Galega ‘A kurriña’

  1. Menudo montón de merda… Inventamos bandeiras, inventamos nomes, todo inventado… O que fai o aburrimento. Patrias irmás? EN QUE?

  2. ¡Xa estamos co do “consenso”! En Galicia, o con-senso non fai nada. Aquí andamos ás tolas (que son as máis doadas, claro): En todo caso, negámonos a acetar o nome de “Kurriña”, como acordo de mínimos “currinha”, vale, e a conta do bar a pagades vós.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.