A chanceler Angela Merkel e o presidente do goberno español percorreron un traxecto do Camiño de Santiago e aproveitaron para intercambiar ideas peregrinas
A visita da chanceler alemá a Galiza foi aproveitada por Mariano Rajoy para intercambiar ideas. Entre elas destaca a peregrina idea de que Luis de Guindos, actual Ministro de Economía e copartícipe das medidas económinas que levaron ao estado español a aumentar a súa débeda e que propiciaron as taxas máis altas de paro que se lembran, pase a presidir o Eurogrupo.
Segundo parece, o equipo de Angela Merkel está a estudar a idea de promocionar a persoas chafalleiras para que melloren as políticas europeas.
Outras ideas peregrinas
Na xuntanza bilateral tamén se abordou a idea de que Miguel Arias Cañete pase a ser comisario europeo aínda que preguntado por varios medios, o exministro declarou que prefire estar “cuanto más lejos mejor de las comisarías, por lo que puidiera pasar”.
Na xuntanza tamén se falou sobre a nova reforma laboral que vai lanzar o Partido Popular e na que os traballadores pagarán por ser despedidos. Angela Merkel valorouna positivamente ao ser unha “oportunidade de negocio para as empresas españolas”.