Internacional

Alfonso Guerra foi o encargado de coordinar a campaña electoral de Kim Jong-un


O exvicesecretario xeral do PSOE, Alfonso Guerra, foi o encargado de coordinar a campaña electoral comunista, segundo informes da CIA, e pola cal Kim Jong-un acadou uns resultados do 100% dos votos nos pasados comicios.

Kim Jong-un e Alfonso Guerra nun dos actos da campaña.

Kim Jong-un e Alfonso Guerra nun dos actos da campaña.

A mensaxe política e a imaxe foron os puntos clave da campaña dirixida polo español, isto é, os dirixentes comunistas non pertencentes ao aparello do partido foron os encargados de pedir os votos polas casas mentres que o líder norcoreano visitaba comercios e tendas populares.

A importancia de obter uns bos resultados nas pasadas eleccións fixeron que o aparello comunista considerase necesario a busca de asesores externos ao réxime, confiándose así nas mans do que xa no seu momento levou á vitoria a Felipe González. A súa experiencia tanto electoralmente como a obtida durante anos de goberno e mesmo cos GAL, facían de Guerra o candidato idóneo para ocupar o posto de erixir ao líder coreano no seu trono.

Os comunistas fixeron un esforzo especial por presentar unha imaxe de unidade, máis se cabe despois das execucións dos últimos meses. Mentres Kim Jong-un ofrecía os mitins, a maioría dos integrantes do comité de estratexia seguían todas as vicisitudes desde a primeira fila das salas.

Kim Jong-un proba as galletas nunha fábrica do seu distrito.

Kim Jong-un proba as galletas dunha fábrica do seu distrito.

Finalmente e segundo o previsto a intensa campaña electoral deu os seus froitos e Kim Jong-un conseguía o 100% dos votos do electorado, dando así continuación ao seu mandato nacional e refrendado e lexitimado polo seu pobo.

“Todos os electores da circunscrición participaron na votación e o 100% votou a favor de Kim Jong-un”, indicou a KCNA nun despacho informativo.

O líder presentábase como candidato do distrito electoral 110 do monte Paektu, situado ao norte do país xunto á fronteira con China e considerado polo réxime como un “lugar sacro” onde naceu o seu pai, o gran presidente Kim Jong-il, falecido en decembro de 2011.

A elección de Kim pequeno foi “unha expresión do apoio absoluto do persoal de servizo e o pobo” a Kim Jong-un, segundo a axencia KCNA, que insistiu na idea de “unidade monolítica” en torno ao líder promulgada polo réxime nas últimas semanas.

As eleccións lexislativas norcoreanas, que acontecen cada cinco anos, celebráronse onte por primeira vez desde que o mozo dirixente accedeu ao poder tras a morte do seu proxenitor.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s