O grupo mandoulle un mail a Turismo para que colaborara no seu próximo video do mesmo xeito que colaborou co de Enrique Iglesias Acábase de filtrar a resposta da Xunta á proposta que lle fixo Terbutalina o pasado 11 de febreiro na que solicitaban colaboración con Turismo para o seu próximo videoclip da mesma maneira que xa fixera…
Categoría: Cultura
A Xunta pagará 110.000€ por unha versión do LA LA LA que promocione Galiza
O escandaloso gasto no vídeo de Enrique Iglesias non parece suficiente. A Xunta de Galiza e o Partido Popular seguen demostrando o gusto musical para promocionar Galiza. Despois dos escándalos dos 300.000 euros para Enrique Iglesias e os seus 45 segundos de vídeo e dos 20.000 euros da Diputación de Ourense para que Baltarín se sacase unha foto…
Proetarras comeniños defenderán su puto dialecto el domingo en Compostela
Comeza a campaña de difamación dos defensores do galego. Segundo as nosas fontes, isto é o que vai dicir as Faes a través dos seus voceiros durante os días previos á manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego que terá lugar o domingo día 8 de febreiro en Santiago de Compostela. Ao parecer o think tank do…
Nace unha plataforma para que Feijóo saque o CELGA 4
As dificultades do Presidente da Xunta de Galiza para expresarse en galego fixeron que grupos de filólogas se xunten en torno ao proxecto GaFe(Galego para Feijóo). O nacemento da plataforma non chega exenta de polémica, pois nun momento no que as políticas da Xunta de Galiza avanzan cara o exterminio da identidade lingüística do país…
O tradutor automático da Voz de Galicia ocupará unha cadeira na RAG
A próxima incorporación da Real Academia Galega non será unha persoa. A institución da lingua confirma que entre o elenco de escritores e escritoras escollidas para optar á cadeira vacante na RAG optarán polo tradutor automático da Voz de Galicia. O tradutor foi proposto por alomenos tres académicos dos máis de trinta que existen na…
O ladrón pintou un carallo no Códice Calixtino
Tamén escribiu a lista da compra e sospéitase que o levou ao supermercado As sorpresas non cesan no caso do Códice Calixtino. A última, que puidemos coñecer hoxe, trátase de que o ladrón pintou un carallo sobre unha das ilustracións do Códice Calixtino. Os peritos xudiciais desvelaron a profanación do libro mediante debuxos feitos a…
Charlie Sheen protagonizará a versión americana d’A Esmorga
Anuncian unha versión americana da cinta de Ignacio Vilar que contará coa presenza do actor de ‘Dous homes e medio’ A produtora da familia Estévez-Sheen negociou a compra dos dereitos da longametraxe galega e anunciou que comezarán a rodar a versión en breve. Como non podía ser doutra forma a cinta estará protagonizada por un…
Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal
“Si haberá pan para tanto chourizo”, apuntan dende a organización A asociación Carnelao e a Plataforma Santiago de Corruptela organizarán conxuntamente este martes en Compostela un magosto popular no que o menú principal serán 10 concelleiros xunto coas tradicionais castañas, viño e licor café. O lema desta peculiar celebración do San Martiño será “Pápaos antes de…
O Leo e Arremecághona pásase ao electrolatino
O cantautor punk galego da por finalizado un ciclo e anuncia que se pasa ao electrolatino Nun xiro que ninguén esperaba o cantautor de Matamá, Leo e Arremecaghona, da un xiro de 180 graos na súa carreira e anuncia que vai abrazar as teses musicais de Juan Magán. Segundo anunciou o artista pecha unha etapa e…
A RAG proporá a Manuel Fraga para o Día das Letras Galegas do 2016
Despois de nominar para o 2015 a Filgueira Valverde a Real Academia Galega reforza a súa aposta polo franquismo A pasada semana saltou a polémica nas redes e na prensa despois da elección do polígrafo pontevedrés Filgueira Valverde. Foron moitas as asociación e colectivos que protestaron pola elección dunha persoa que tiña vínculos evidentes co franquismo…
A Xunta de Galiza subvencionará cursos de reintegracionismo en 10 Clubs do país
A Consellería de Educación pagará os cursos de reintegracionismo a un máximo de 1.000 persoas de toda Galiza e en diversas linguas estranxeiras ate un máximo de 400 alumnos. A Consellería de Educación confirma que subvencionará a formación de idiomas ás persoas que estean dispostas a actualizarse en linguas estranxeiras para aplicalo ao seu curriculum…
Sermos Galiza publicará a súa portada en castelán o Día das Letras
O semanario nacionalista publicará a súa capa en castelán para intentar obter subvencións por publicar en español As rotativas galegas consiguen cuantiosas subvencións a través da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística, axudas que son reivindicadas por xornais que escriben todo o ano en galego e son excluídos permanentemente destas axudas e do resto das axudas a…
