Cultura

Sermos Galiza publicará a súa portada en castelán o Día das Letras


O semanario nacionalista publicará a súa capa en castelán para intentar obter subvencións por publicar en españolser galicia sermos galiza

As rotativas galegas consiguen cuantiosas subvencións a través da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística, axudas que son reivindicadas por xornais que escriben todo o ano en galego e son excluídos permanentemente destas axudas e do resto das axudas a medios que reparte a Xunta de Galicia.

Deste xeito o semanario intentará que o Instituto Cervantes lle dea subvencións da mesma maneira que as consiguen os resto dos xornais de Galicia desde Normalización Lingüística.

“A Voz de Galicia consegue subvención por usar o idioma e soamente publica a capa en galego o 17 de maio e, por riba, o resto do xornal está en español” comentan desde a dirección do semanario.

 

Praza Pública e Galicia Confidencial súmanse á iniciativa

Os xornais dixitais Galicia Confidencial e Praza Pública tomarán a mesma iniciativa e tamén solicitarán subvencións por escribir en castelán un día ao ano.

Ademais anuncian que utilizarán un tradutor automático “La Voz de Galicia Style” para que todo o contido poida verse en castelán.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.