O grupo mandoulle un mail a Turismo para que colaborara no seu próximo video do mesmo xeito que colaborou co de Enrique Iglesias
Acábase de filtrar a resposta da Xunta á proposta que lle fixo Terbutalina o pasado 11 de febreiro na que solicitaban colaboración con Turismo para o seu próximo videoclip da mesma maneira que xa fixera a Xunta con Enrique Iglesias ou a Deputación de Ourense con Alejandro Sanz.
A Xunta pídelle a Terbutalina ‘que haga canciones moñas en español o bien canción ligera italiana tipo Sergio Dalma, ya que eso funciona muy bien e incluso tendrían espacio en el Luar’.
Deste xeito a Xunta da por zanxada a polémica do video de Enrique Iglesias e establece un sistema obxectivo para os videos subvencionables.
La Voz de Galicia xa anunciou que abriu unha liña de I+D para facer noticias cantadas e gravar videoclips que poidan optar á nova liña de subvencións que sairán do orzamento adicado á normalización lingüística.