Cultura

A Xunta de Galiza subvencionará cursos de reintegracionismo en 10 Clubs do país


A Consellería de Educación pagará os cursos de reintegracionismo a un máximo de 1.000 persoas de toda Galiza e en diversas linguas estranxeiras ate un máximo de 400 alumnos.

Imaxe de arquivo do Club Vitiza, en Porriño

Imaxe de arquivo do Club Vitiza, en Porriño

A Consellería de Educación confirma que subvencionará a formación de idiomas ás persoas que estean dispostas a actualizarse en linguas estranxeiras para aplicalo ao seu curriculum laboral. “Os cursos serán gratuítos, considerándose como de formación permanente. Poderán impartirse en Clubs que Educación indique, en función do persoal interesado”, argumentan fontes do departamento que dirixe Jesús Vázquez. Os exames serán específicos entre os que se atoparán o de francés ou grego independentemente da especialidade, preparados pola propia consellería para medir os coñecementos adquiridos polos alumnos.

Aínda que as expectativas da Administración galega céntranse nestes momentos en aumentar o número galegofalantes, o borrador da orde inclúe un cadro das titulacións necesarias para xustificar o coñecemento nos que se atoparan unidades formativas e módulos referentes as caractirísticas das persoas impartidoras.

Entre os centros que se homologarán atópanse o Vitiza e Peinador, na provincia de Pontevedra, o Ninfas na de Ourense, Olympo en Coruña ou o Eros en Lugo. Mentres que serán as propias persoas traballadoras dos centros formativos, con experiencia nativa dos idiomas, as que impartan dita formación.

One thought on “A Xunta de Galiza subvencionará cursos de reintegracionismo en 10 Clubs do país

  1. Pingback: A Xunta de Galiza subvencionará cursos de reintegracionismo en 10 Clubs do país | Tempos Galegos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.