O supermercado, que será coñecido coloquialmente como Maloseródromo, verá a luz a vindeira semana. A nova invención de Gadis pretende revolucionar o mercado galego, tratando de xuntar a sabiduría da filosofía propia coa revolución tecnolóxica da vida moderna. Os técnicos explican que o mecanismo é bastante sinxelo “trátase dunha tenda das de toda a vida co…
Categoría: Actualidade
Abel Caballero comeza unha campaña para poñer bancos na Coruña
“Nen bancos sen coruños, nen Coruña sen bancos” titularase a iniciativa. O rexedor de Vigo, Abel Caballero, mostrou onte a súa consternación pola falta de mobiliario urbanístico nas calles da Coruña. Indicou que a carencia de bancos é o principal indicador de depresión e agorafobia. En palabras do propio alcalde: “Os pobres coruños non só…
Rubén Pérez, armado cunha zambomba, toma reféns no Concello para esixir que apaguen os villancicos
Cun gorro de Santa Claus, blandindo unha zambomba e cantando “Hacia Belén va una burra, rin rin”, así relatan testemuñas presenciais a entrada de Rubén Pérez no Concello de Vigo. O secretario de organización de Esquerda Unida e voceiro da Marea de Vigo sucumbe á presión e, armado cunha zambomba, irrumpiu hoxe a primeira hora…
Os Simpson en Trives
Dado o interese de Matt Groening por Trives, a produtora estadounidense Fox confirma que no mes de febreiro de 2017 coincidindo co Entroido, gravarase un capitulo da serie “Los Simpson” polas terras de Trives. Búscanse preferentemente figurantes amarelos con soamente catro dedos en cada man. A produtora informa de que agardan unha gran afluencia de…
A Xunta planea instalar cabinas de telepeaxe para peregrinos nos Camiños de Santiago
As cabinas de telepeaxe no Camiño de Santiago cada vez máis preto. O “ruxe ruxe “semella confirmarse. Un documento confidencial da Consellería de Cultura ao que tivo acceso “TemposGalegos” (denominado “Estratexia de optimización de ingresos Xacobeo 2021) contempla, entre outras medidas, a futura instalación de cabinas de telepeaxe para os peregrinos na totalidade dos Camiños…
Os presentadores do Telexornal limitarase a ler La Voz de Galicia en alto
A CRTVG despedirá a toda a equipa de redacción por considerala innecesaria e pasarán a ler en alto La Voz de Galicia durante a emisión dos distintos telexornais. A Xunta de Galicia asinará un novo convenio co grupo de comunicación coruñés para que os informativos da TVG pasen a ser a versión audiovisual da versión…
Oleiros inaugura a estatua de Fidel Castro
O alcalde de Oleiros inaugura unha estatua a Fidel Castro, a uns centos de metros de onde xa se atopaba o seu compañeiro Ernesto ‘Che’ Guevara. En Oleiros, a revolución cubana pega forte, desde que en 2008 se inaugurara a estatua do Che Guevara, un paseo pola vila coruñesa é un auténtico acto revolucionario. Así ás…
60 anos de ataques mediáticos acaban coa vida de Fidel Castro
A pesar do seu delicado estado de saúde as hienas seguían mordendo e os directivos dos medios de comunicación enchendo os seus bolsillos. Fidel Castro acaba de falecer na Habana vítima dunha campaña continua de linchamento mediático dende medios da dereita. A súa saúde foise deteriorando durante os últimos 10 anos debido á aparición das redes…
[#BlackLicorCafé]Esencialistas piden celebrar o Black Friday con Licor Café
Centos de persoas de todo o país reclaman unha volta aos orixes, festexando a ‘festividade’ do Black Friday con algo tipicamente galego como o Licor Café. O licor café como símbolo, ese é o lema que esencialistas de diferentes puntos de Galiza reclaman como punto de encontro nunha festividade foránea como é a do Black…
Rita Barberá escapa ao Paraíso fiscal
“Nosotros somos mucho de ir a paraísos, estamos seguros de que estará allí”, indicaron fontes próximas ao Partido Popular. As aseveracións chegadas dende o Partido Popular parece que se confirmaron á vista das declaracións da Conferencia Episcopal que explicaron que San Pedro xa se puxo en contacto con eles para dicirlles que que chegara ben pero…
A CRTVG estreará TuteCabrón, a House of Cards galega
TuteCabrón, a serie sobre a política galega será estreada en xaneiro pola CRTVG, no que pretende ser a House of Cards galega. Segundo as informacións filtradas pola propia televisión de Galiza e a productora galega VacaFilms, a serie versará na súa primeira temporada na vida dun alcalde do rural galego e a súa loita política, tanto…
Larsa pide aos gandeiros que lle dean licor café ás vacas
A directiva de LARSA decidiu esta madrugada en xunta extraordinaria o que para moitos gandeiros é unha aberración. Os directivos comunicaron aos gandeiros esta mañá a decisión de dar licor café no canto de auga ás vacas. Isto xerou as primeiras protestas. Tempos Galegos recolleu as declaracións de varios gandeiros que estaban protestando diante da…
