Actualidade

Os Simpson en Trives


Dado o interese de Matt Groening por Trives, a produtora estadounidense Fox confirma que no mes de febreiro de 2017 coincidindo co Entroido, gravarase un capitulo da serie “Los Simpson” polas terras de Trives.

foto2Búscanse preferentemente figurantes amarelos con soamente catro dedos en cada man.

A produtora informa de que agardan unha gran afluencia de persoeiros locais para se presentar, o primeiro casting xa se produciu con éxito de participación. simpsons

Agardase que o paso por Trives repercuta na activación económica local, dende o equipo de goberno xa están a preparar o proxecto de execución dunha liña de AVE e un Aeroporto para absorber a circulación de peregrinos.

Matt Groening informa que vista a aceptación do seu proxecto para o territorio está a valorar a compra dun edificio completo en Anagaza para o seu retiro dourado, pobo no que prevé que “marcas de grande calado mundial como Bersacho e Aple se asenten aquí” afirma”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.