Actualidade

[#BlackLicorCafé]Esencialistas piden celebrar o Black Friday con Licor Café


Centos de persoas de todo o país reclaman unha volta aos orixes, festexando a ‘festividade’ do Black Friday con algo tipicamente galego como o Licor Café.

425621289_233097_12878916387396951610O licor café como símbolo, ese é o lema que esencialistas de diferentes puntos de Galiza reclaman como  punto de encontro nunha festividade foránea como é a do Black Friday.

É por este motivo polo que mediante un comunicado fan un chamamento ao ‘pobo galego’ a secundar o propio día do Black Friday cunha copa de licor entre as mans. Afirman que, entre a alienación producida polos mass media e polas grandes cadeas comerciais con respecto ao día das ofertas e as compras online por excelencia, ‘aínda queda tempo para reivindicar o propio, o que da terra’.

É por isto polo que chaman a toda a cidadanía galega a secundar as mobilizacións na tarde noite deste venres, para que, en calqueira punto que se atopen, xa sexa de Galiza ou do estranxeiro alzen a súa copa de licor, e baixo o hashtag #BlackLicorCafé suban as redes sociais as súas imaxes co líquido elemento galego.

Como medidas estrela reclaman un abaratamento da bebida en todas as tabernas, pubs, cafeterías e/ou bares galegos dun 50% como mínimo para incentivar o consumo e potenciar a industrial vitivínicola e licoreira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.