Actualidade

A Xunta planea instalar cabinas de telepeaxe para peregrinos nos Camiños de Santiago


As cabinas de telepeaxe no Camiño de Santiago cada vez máis preto.telegrino

O “ruxe ruxe “semella confirmarse.  Un documento confidencial da Consellería de Cultura ao que tivo acceso “TemposGalegos”  (denominado “Estratexia de optimización de ingresos Xacobeo 2021) contempla, entre outras medidas,  a futura instalación de cabinas de telepeaxe para os peregrinos na totalidade dos Camiños de Santiago. O obxectivo é que a instalación entre en probas nos primeiros tramos no ano 2019 para entrar “en pleno funcionamento” no seguinte ano xacobeo do 2021.

O devandito informe detalla as motivacións da medida, que pasarían por:

Contrarrestar a caída de ingresos que deberá asumir a Xunta logo do prometido rescate da AP9 (“se o dixo o presidente, non nos van quedar mais collóns que rescatar a concesión”  aclara literalmente o autor do informe).

-“Racionalizar o crecente fluxo de peregrinos“, xa que de seguir na progresión dos últimos anos a cifra podería ser “inasumible para a cidade”  (“aquí xa non hai quen tome un viño tranquilo no Franco , sobre todo no verán”). Neste apartado o informe fai referencia cifra “record” de mais de 250.000 personas no 2015), que poderían duplicarse no vindeiro xacobeo do 2021. O potencial de “negocio, perdón, ingresos é enorme…” cita textualmente o informe, “sobre todo nestas datas nas que as limitacións de ingresos para as arcas públicas son evidentes”.

Potencial de creación de emprego (personal das cabinas, mantemento, etc..), aínda que determinados tramos o cobro estarían automatizado con tarxeta e mecanismos de telepeaxe.

Neste sentido o informe fala da posibilidade de  “lanzamento dun mecanismo de telepeaxe en forma de vieira “cun deseño atractivo que sirva tamén de recordo”,  que permita a recarga e cobro automatizado das tarifas” . Sobre “o Telegrino” (así se denomina o aparato no informe)  confírmase que xa se mantiveron contactos con ABANCA para o  lanzamento,  amosándose moi interesada.

Respecto as “tarifas” aplicábeis nos peaxes éstas non se detallan, pero si se establecen algúns aspectos, coas súas respectivas anotacións ao marxe.

Diferenciación por tramos (“por se hai que favorecer a determinados Concellos dos nosos…”).

Adaptación ás características dos peregrinos (“non vai pagar igual un galego que os mouros e xudeus que lles de por facer o camiño”).

Diferenciación do medio de transporte (“os cabalos pagarían máis polo servizo adicional de recollida de residuos no Camiño”.

O informe remata sinalando a conveniencia de estudar xa, e prever a futura privatización dos mecanismos de cobro unha vez instalados,  privatización na que amosaron interese diversos empresarios cos que se mantiveron diveras conversas informais”.

Fontes consultadas na Xunta de Galicia non quixeron facer comentarios ao respecto aínda que literlamente nos confirmaron “aquí xa non nos estranamos de nada”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.