Actualidade

Abel Caballero comeza unha campaña para poñer bancos na Coruña


“Nen bancos sen coruños, nen Coruña sen bancos” titularase a iniciativa.

promenade500a

“A revolta dos bancos” por Abel Caballero

O rexedor de Vigo, Abel Caballero, mostrou onte a súa consternación pola falta de mobiliario urbanístico nas calles da Coruña. Indicou que a carencia de bancos é o principal indicador de depresión e agorafobia. En palabras do propio alcalde: “Os pobres coruños non só teñen que aguantar un tempo espantoso que os deixa atrancados nas súas casas durante meses, senón que inda por riba, para catro días de sol que teñen ao ano, non poden sair da casa, pois de facelo terían que vagar durante horas sen posibilidade de sentar as súas posadeiras en ningures”.

Caballero explica que esta situación é inaceptábel e que será el quen, persoalmente, salve un por un aos habitantes da cidade herculina. “De non ser por min esta pobre xente vaise converter na versión europea de The Walking Dead e tampouco é cuestión diso, ao fin e ao cabo, a xente de Coruña non debera vivir nesas inhumanas condicións e se ben é certo que teñen aficións tan extrañas como apoiar o Deportivo da Coruña, tamén e certo que non teñen a culpa de ter sido nados no norte.

Coruñés preguntándose que fai Caballero na súa cidade.

Coruñés preguntándose que fai Caballero na súa cidade.

Ademáis o alcalde da cidade olívica considera que esta iniciativa axudará a tender pontes entre a xente da Coruña e Vigo. O alcalde abriu tamén a posibilidade de que Vigo apadriñe persoas da Coruña nun futuro próximo.

Preguntado sobre a posibilidade de que o rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro, non atenda a súa petición, o alcalde de Vigo zanxa o tema, “teño un exercito de dinosetos que poden traballar de noite, a revolución dos bancos é imparábel”.

One thought on “Abel Caballero comeza unha campaña para poñer bancos na Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.