O supermercado, que será coñecido coloquialmente como Maloseródromo, verá a luz a vindeira semana.
A nova invención de Gadis pretende revolucionar o mercado galego, tratando de xuntar a sabiduría da filosofía propia coa revolución tecnolóxica da vida moderna.
Os técnicos explican que o mecanismo é bastante sinxelo “trátase dunha tenda das de toda a vida co engadido de que cando os compradores pasen o móbil por riba do producto aparecerá a frase asociada ó mesmo”. Por exemplo, se estas a comprar chocolate ou doces unha das frases que pode aparecer é “vaste poñer de bó ano”, se en cambio está as comprar tenreira poderás ler “outra vaca máis no millo”, se andas na procura de infusións e cafés hai moitas posibilidades de que che toque “hoxe vas durmir quente”.
Prá facelo accesible prá todo o mundo os supermercados contarán tamén cuns “chintófanos” que se poden recoller a entrada do establecemento e que permiten escanear os códigos de barras, cumplindo a mesma función que os teléfonos móbiles.
Tamén se plantexa a súa función interactiva no futuro, de xeito que Gadis Go, ou na súa versión informal “o Maloseródromo” funcione como o Siri galego, dando resposta ás preguntas e inquietudes dos consumidores. O igual que fai Siri, o Maloseródromo variará a súa resposta segundo a persoa que fai a pregunta e o día que teña o aparato.
Na rolda de prensa as técnicas de Gadis deron a coñecer os seguintes exemplos:
Consumidor/a: “Maloseródromo, non sei que facer coa miña vida..”
Maloseródromo: “Vai a modiño”/ “vai de furancho”/ “pasa prá casa”/ “ahí ghalopín… non todo vai ser cheghar e encher”
Consumidor/a: “Maloseródromo, coñecín un rapaz/rapaza e non sei que facer prá gustarlle
Maloseródromo: “E lo! Ela/El de ónde ven sendo?”/ “Ti colles e preghuntaslle: Ghastas pista mosa/o?” / “Ghústanche os pementos?”
Por suposto, o Maloseródromo é un experimento que só estará dispoñible en determinadas localizacións galegas no seu período beta, máis se funciona, implantarase en todo o territorio a finais de 2017.