Oleiros inaugura a estatua de Fidel Castro


O alcalde de Oleiros inaugura unha estatua a Fidel Castro, a uns centos de metros de onde xa se atopaba o seu compañeiro Ernesto ‘Che’ Guevara.

Imaxe da estatua mentres era colocada por operarios municipais.
Imaxe da estatua mentres era colocada por operarios municipais.

En Oleiros, a revolución cubana pega forte, desde que en 2008 se inaugurara a estatua do Che Guevara, un paseo pola vila coruñesa é un auténtico acto revolucionario. Así ás numerosas referencias a revolución cubana das que presume o concello, é agora, trala morte do ‘Comadante Fidel Castro Ruz’ cando a obra escultórica cubana en Oleiros queda completa, coa inauguración desta homenaxe á súa vida e obra.

A controversia rodea a inesperada e nova iniciativa do alcalde deste municipio coruñés, de render homenaxe ao mítico revolucionario galego-cubano cunha estatua de proporcións xigantescas, probablemente a maior que existe no mundo.

A estatua de case oito metros de altura ofrece, sobre unha enorme base de pedra, unha perfilada reprodución en aceiro da figura de Fidel Castro, saudando coa man na fronte. Foi instalada onte de madrugada nunha rotonda moi transitada, a poucos metros do seu compañeiro, o Che, e preto da concorrida praia de Bastiagueiro.

Fidel Castro xa era o protagonista dunha coñecida avenida no concello, así como os seus múltiples retratos en dependencias municipais. Pero “agora ocupará o lugar que lle corresponde, tan na historia como en Oleiros”, asegura o alcalde.

 

2 Comments Add yours

  1. San Pedro di:

    Eu créoche que e a estatua de Millán Astray tuneada. Míralle o brazo ezquerdo. ¿Non está manquiño?

  2. Anónimo di:

    Que cosa más fea y sin proporción.
    No se parece nada.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.