Actualidade

60 anos de ataques mediáticos acaban coa vida de Fidel Castro


A pesar do seu delicado estado de saúde as hienas seguían mordendo e os directivos dos medios de comunicación enchendo os seus bolsillos.

plot-to-kill-castroFidel Castro acaba de falecer na Habana vítima dunha campaña continua de linchamento mediático dende medios da dereita. A súa saúde foise deteriorando durante os últimos 10 anos debido á aparición das redes sociais momento no que os ataques mediáticos non chegaban soamente dende os medios de comunicación senón tamén dende Twitter e Facebook. Os médicos tamén indicaron que a aparición dos memes tiveron un grande impacto na súa perda de saúde.

Fidel Castro será incinerado este sábado por expreso desexo do comandante. “Quixéronno queimar pero un verdadeiro comunista soamente se queima cando o decide el”, indicaron fontes próximas ao Partido Comunista de Cuba.

 

One thought on “60 anos de ataques mediáticos acaban coa vida de Fidel Castro

  1. Sen dúbida debeu ser iso!

    Mira tí, co noviño que era, e morrer así sen máis…!

    A maldade que ten a xente, nin siquera recoñecer toda unha vida sacrificada á Política!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.