“Nosotros somos mucho de ir a paraísos, estamos seguros de que estará allí”, indicaron fontes próximas ao Partido Popular.
As aseveracións chegadas dende o Partido Popular parece que se confirmaron á vista das declaracións da Conferencia Episcopal que explicaron que San Pedro xa se puxo en contacto con eles para dicirlles que que chegara ben pero cansa polo que botou unha cabezada na última fila do ceo.
As mesmas fontes informaron de que cando espertou amosouse tan activa como sempre e que incluso tivo algún roce coa divinidade ao indicar que non estaba de acordo con que todo no ceo fose de todos cousa que tildou de ‘comunista’. Incluso deu un descurso sobre o mellor que lles podía ir a todas as almas cándidas do ceo se privatizaban algún servizo como o aparcamento de nubes, a auga ou a lavandería. Contan incluso que se ofreceu ela a levar ese servizo xa que tiña experiencia co de branquear.
O primeiro día no Paraíso foi moi activo e nos foros de mediums contan que cando Labordeta se atopou con ela no ceo non puido máis que exclamar un forte “¡A la mierda!” antes de coller as súas cousas, dar un portazo e baixar cara o inferno.
Baixa laboral
Segundo informa a Mutua La Fraternidad, Marcelo, o anxo da garda do ex Ministro do Interior Fernández Díaz, resultou mancado nas costas mentres subía a Rita Barberá ao ceo e permanecerá de baixa tres semanas polo que o seu labor de aparcacoches será cuberta por un querubín becario.