Actualidade

Rubén Pérez, armado cunha zambomba, toma reféns no Concello para esixir que apaguen os villancicos


Cun gorro de Santa Claus, blandindo unha zambomba e cantando “Hacia Belén va una burra, rin rin”, así relatan testemuñas presenciais a entrada de Rubén Pérez no Concello de Vigo. 

O secretario de organización de Esquerda Unida e voceiro da Marea de Vigo sucumbe á presión e, armado cunha zambomba, irrumpiu hoxe a primeira hora no Concello de Vigo. Axitando enerxicamente a zambomba conseguiu intimidar os traballadores do concello e dirixiuse cun grupo amedrentado deles cara o despacho dae Abel Caballero onde se fixo forte.

Foi nese momento cando o concelleiro de persoal avisou á policía municipal que constatou a toma reféns e se produciu o primeiro contacto co voceiro da Marea de Vigo. Informacións próximas ás forzas de seguridade indican que a única esixencia do concelleiro consiste en que Abel Caballero apague o fío musical municipal aínda que despois da mediación dun grupo especializado o conflito poderíase resolver coa retirada do altavoz situado na sede da Marea de Vigo.

José Luis Jácome, outro dos concelleiros do grupo municipal, tamén esixiu a retirada do fío musical. “Somos uns comunistas ateos  e están a torturarnos con villancicos e bachata. Por Dios! Que teñan piedade de nós!”, declarou.

Pola súa banda, Margarita López Barreiro, tamén concelleira da Marea declinou facer declaracións cando foi preguntada por este medio aínda que, cando marchaba, o noso reporteiro puido escoitar “Que vergoña! A ver cando lle ven o sentidiño a estes dous…”

ruben-perez-villancicos

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.