Actualidade

Os presentadores do Telexornal limitarase a ler La Voz de Galicia en alto


A CRTVG despedirá a toda a equipa de redacción por considerala innecesaria e pasarán a ler en alto La Voz de Galicia durante a emisión dos distintos telexornais.

A Xunta de Galicia asinará un novo convenio co grupo de comunicación coruñés para que os informativos da TVG pasen a ser a versión audiovisual da versión impresa de La Voz de Galicia.

“Feijoo le paga a La Voz de Galicia millones de euros para que cuenten lo que nosotros queremos. El público no notará la diferencia.”, comentan fontes internas da CRTVG que engaden que, con esta medida, aforrarán os soldos do departamento de redacción de informativos para así poder destinar máis cartos ao xornal de Santiago Rey.

Os novos informativos da TVG poderán ser descargados da sección de podcasts tanto na páxina da CRTVG como na páxina de La Voz de Galicia.

telexornal-la-voz

One thought on “Os presentadores do Telexornal limitarase a ler La Voz de Galicia en alto

  1. Os informativos locais transitarán cara a establecer convenios cos medios locais subvencionados por Concellos e Deputacións.

    Así Vigo xa se asinado convenio con Localia TV e próximamente o alcalde asinará un novo convenio co Faro de Vigo para que se poda dar a coñecer a auténtica realidade da cidade (e non esos libelos e infundios que publica La Voz de Galicia, declarada prensa non grata na cidade olívica).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.