Ante as críticas por parte da oposición polo uso fraudulento de cartos públicos para acoller as pernoctas do seu “amigo” Pachi Lucas, o Presidente da Xunta decide converter a residencia de Monte Pío nun motel de titularidade pública. Feijóo anunciaba este novo plan, a cargo da Consellería de infraestruturas, polo cal convertirá a residencia oficial…
Categoría: Actualidade
Propoñen poñerlle reixas e barrotes ás sedes do PP
A proposta sería transformar as sedes do Partido Popular en prisións para axilizar a xustiza A Plataforma por unha Xustiza Rápida presentou onte unha proposta para axilizar a depuración de responsabilidades penais no estado español. A proposta pasa por converter as sedes do PP en prisións para axilizar os procesos xudiciais. “Visto o de onte que vos…
Sospéitase que Anxo Quintana e Pablo Iglesias poden ser a mesma persoa
A frase “Lo de Podemos no es nuevo, lo hice yo en Allariz hace 25 años”, abriu os ollos dos investigadores Investigadores da facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Compostela están a investigar se Anxo Quintana e Pablo Iglesias son a mesma persoa. As declaración do ex vicepresidente da Xunta de Galiza o pasado…
Morto o can, rematou o ébola
O Goberno central tira de refraneiro popular para atallar a crise do ébola. Como avanzaban distintos medios de comunicación, a menestra de Sanidade, Ana Mato, decidiu facer honra ao seu nome e sacrificar a Excalibur, o can da parella infectada con ébola que permanece aislada por unhas toallas e catro sábanas no hospital Carlos III…
Feijoo fai un xesto a prol da megaminería
O presidente da Xunta de Galicia sorprendeu a propios e extraños cun xesto a favor da megaminería durante unha das súas viaxes oficiais
As talladas de polbo tamén terán que estar etiquetadas coa nova lei
“Unha tallada, unha etiqueta”, din dende a Consellaría do Medio Rural e do Mar O día 20 de outubro entrará en vigor a norma que obriga á etiquetaxe dos produtos e a Xunta de Galicia obrigará a quen queira facer venta directa a incribirse no Rexistro de Explotacións Agaria e a inforar á Consellaría competente….
O PP non cumpre o seu programa nin para os seguidores máis ultras
Rajoy aborta a contrareforma da Ley do Aborto e, de paso, aborta a Gallardón como ministro O do goberno do PP xa empeza a ser un caso de estudo como o único goberno que non cumpriu ningunha promesa electoral. Nin sequera a que todo o mundo daba por cantada por ser unha das máis ideoloxizadas…
Coristanco e A Limia en pé de guerra polo monopolio das patacas
Nas últimas semanas veñen de sucederse duras criticas entre pataqueiros limiaos e coristancos a raíz da calidade dos seus vernáculos. A calidade das patacas así como o intento de monopolizar o mercado do país estána levar as vilas de Xinzo de Limia e Coristanco a unha batalla dialéctica sen precedentes. As ameazas incluso de bloqueos…
Os Reis visitan O Pereiro antes da entrada de Urdangarín
Os reis de España, Don Felipe e Dona Letizia, visitan este martes o concello ourensán de Pereiro de Aguiar Na súa estancia na colonia galega teñen planificado un saúdo real a una escola infantil do rural galego e un saúdo ficticio á cárcere ourensá de Pereiro de Aguiar, un dos lugares onde poderían recalar tanto…
A Brilat de Pontevedra cederá voluntariamente militares que vixíen e defendan a Cruz do Castro de Vigo
Así o confirmaba o xeneral Luís Cebrián en rolda de prensa a pasada mañá. A base de Figueirido, en Pontevedra aportará unha pequena división de homes a O Castro, en Vigo, para que escolten, vixíen e defendan, en caso de ser preciso a Cruz dos Caídos que se levanta no monte vigués. Cinco membros da…
Dúas persoas mortas e unha ferida leve ao tentar pagar una ronda nun bar de Ogrobe
O suceso acontecía o pasado sábado na península meca, cando un dos membros dun grupo se ergueu para pagar as copas do resto de persoas que ate ese momento compartían risas e conversas. Nese mesmo momento coma un resorte outras dúas persoas se levantaron berrando “esta pagoa eu” ou “aquí os teus cartos non valen…
A productora de ‘The Walking Dead’ ficha, en bloque, 30.000 seguidores de Rajoy
“Precisamos moitos zombies para a nosa próxima tempada”, afirmaron AMC Networks acaba de anunciar a contratación de 30.000 followers de twitter de Rajoy para a súa próxima tempada da exitosa serie ‘The Walking Dead’. Segundo transcendeu esta fin de semana na prensa internacional a noticia xurdida da compra da seguidores zombies por parte dos xestores…
