“Unha tallada, unha etiqueta”, din dende a Consellaría do Medio Rural e do Mar
O día 20 de outubro entrará en vigor a norma que obriga á etiquetaxe dos produtos e a Xunta de Galicia obrigará a quen queira facer venta directa a incribirse no Rexistro de Explotacións Agaria e a inforar á Consellaría competente.
A norma esixe que todos os productos vaian etiquetados polo que cada berza, chourizo ou grelo que se venda vai ter que levar unha etiqueta.
A norma tamén obriga a etiquetar cada tallada de polbo polo que, nas feiras, estase a xerar un malestar porque vai dimiuir a ración. “Xa nos engañan moitas veces metendo cachelos no medio, cando haxa etiquetas van poñer menos talladas”, declara un xubilado experto en feiras.
O viño tampouco se libra e terá que levar na etiqueta información nutricional con contido de calorías e gradación alcólica.