Actualidade

A Brilat de Pontevedra cederá voluntariamente militares que vixíen e defendan a Cruz do Castro de Vigo


Así o confirmaba o xeneral Luís Cebrián en rolda de prensa a pasada mañá.

Cruz dos Caídos no Castro, Vigo

Cruz dos Caídos no Castro, Vigo

A base de Figueirido, en Pontevedra aportará unha pequena división de homes a O Castro, en Vigo, para que escolten, vixíen e defendan, en caso de ser preciso a Cruz dos Caídos que se levanta no monte vigués.

Cinco membros da Brigada de Infantaría Lixeira AeroTransportable (Brilat) permanecerán en todo momento rodeando a Cruz e preservando a súa integridade.

Despois do recurso presentado por Caballero e o concello ante a sentenza de derribo, este é un paso máis para salvagardar a cruz franquista a cal a xustiza ameaza con derribar.

Membros da Brilat partindo cara Vigo.

Membros da Brilat partindo cara Vigo.

A Cruz, levantada polo réxime franquista no ano 1961, debe ser derribada debido a unha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo Número 2 de Vigo no que se especifica que este monumento está fortemente vinculado a posicións políticas de extrema dereita, axudando a que estas se manifesten en torno a elas.

Pola contra Caballero, o cal recurriu a multa, agradece enormemente o xesto da Brilat que axudará a “conter as ansias esquerdistas de cuatro mataos” tal e como define o alcalde da cidade aos membros de asociacións vinculadas tanto á Memoria Hsitórica, como á República española ou de membros de organizacións de esquerda transformadora ou ruturista.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s