Actualidade

Sospéitase que Anxo Quintana e Pablo Iglesias poden ser a mesma persoa


A frase “Lo de Podemos no es nuevo, lo hice yo en Allariz hace 25 años”, abriu os ollos dos investigadores

Investigadores da facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Compostela están a investigar se Anxo Quintana e Pablo Iglesias son a mesma persoa. As declaración do ex vicepresidente da Xunta de Galiza o pasado fin de semana no xornal El País abriu unha nova liña de investigación e recoñecen que están a piques de demostrar que son a mesma persoa.

“Nunca se lles viu xuntos. Isto pode ser como o caso de Batman e Bruce Wayne”, comentan dende a equipa investigadora. “Anxo Quintana admitiu que xa creara podemos hai máis de 25 anos en Allariz polo que, Pablo Iglesias, pode ser o seu alter ego co que creara a exitosa organización política”, engaden.

Os investigadores agardan constatar, en breve, a súa hipótese e non descartan que se poida precipitar no caso de que Podemos faga un reggaeton de Pablo Iglesias.

Pola súa banda, o profesor da USC Miguel Anxo Bastos xa se desmarcou da dita investigación e declarou “eu non investigo comunistalladas desas, se os collo ía mazar neles coma no pulpo”.

Sonche cuspidiños!

Sonche cuspidiños!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s