O Goberno central tira de refraneiro popular para atallar a crise do ébola.

Imaxe de Excalibur, despois do “suicidio asistido”.
Como avanzaban distintos medios de comunicación, a menestra de Sanidade, Ana Mato, decidiu facer honra ao seu nome e sacrificar a Excalibur, o can da parella infectada con ébola que permanece aislada por unhas toallas e catro sábanas no hospital Carlos III de Madrid.
O “suicidio asistido” do can, teríase producido nas aforas da capital, e levado acabo por expertos, os cales lle terían pegado catro tiros en cabeza e pescozo, para que o animal non sufrira.
Fontes de Moncloa aseguran que Rajoy e as persoas máis achegadas ao presidente se encontraban seguindo por streaming a execución. Incluso o ministro de educación, José Ignacio Wert, tería pedido voluntariamente encargarse da execución do animal, que finalmente sería levada a cabo por profesionais do Grupo Eulen.
O sacrificio de Excalibur incendiou as redes sociais de todo o Estado desde o pasado martes, cando se facía pública a intención do Goberno de executar á mascota, chegando a recadarse case 75.000 firmas na páxina Change.org para tentar salvalo, moitas máis das acadadas xeralmente nos casos de desafiuzamento ou peticións de axudas sociais ás persoas máis necesitadas nestes tempos.
A preocupación polo can chegou a ser tal que a marca de papel hixiénico Scottex baralla a posibilidade de retirar dos medios de comunicación a súa publicidade con cachorros de can Labrador, para “evitar ferir sensibilidades”.
Mentres tanto, e pese a confianza do Partido Popular en que “morto o can, rematou o ébola”, 3 novos presuntos casos están en observación. Fontes do Ministerio de Sanidade afirmaron onte, que se establecerá un novo protocolo de seguridade no cal sustituirán as sabanas protectoras, por toallas de Valença do Minho, que empapen máis os fluídos dos infectados e non os deixen decorrer cara persoas non contaminadas.