Actualidade

Coristanco e A Limia en pé de guerra polo monopolio das patacas


Nas últimas semanas veñen de sucederse duras criticas entre pataqueiros limiaos e coristancos a raíz da calidade dos seus vernáculos.

1243H4

RobotPataca do exército de Coristanco

A calidade das patacas así como o intento de monopolizar o mercado do país estána levar as vilas de Xinzo de Limia e Coristanco a unha batalla dialéctica sen precedentes. As ameazas incluso de bloqueos e boicots redundan ente comunicados e notas de prensa.

Este duro enfentamento que se ven dando nas últimas semanas, tivo o seu punto crítico durante este pasado fin de semana, cando desde a XXXIV Festa da Pataca en Coristanco se ameazaba as patacas da Limia con ataques biolóxicos, así como co inicio dunha ofensiva terrestre con exércitos de escarabellos.

Desde a Limia impávidos ante as circunstancias afirman non coñecer está tipoloxía de pataca e que non sucumbiran a presións foráneas por controlar un mercado, o pataqueiro, no que son líderes desde tempos inmemoriables.

Expertos na materia dan en chamar a estes sucesos a Guerra da Pataca Fría, e consideran que unha das partes terá que ceder para que ambas poidan convivir en Galiza.

Polo de agora nesta peculiar guerra, Coristanco parece levar a dianteira, cando menos na batalla espacial, coa construción do Transbordador Xermolo 1, co que intentarán chegar a Estación Espacial Internacional(ISS polas súas siglas en inglés) e levar os seus productos aos astronautas alí aloxados.

Fotografía de El Correo Gallego, do Xermolo 1.

Fotografía de El Correo Gallego, do Xermolo 1.

One thought on “Coristanco e A Limia en pé de guerra polo monopolio das patacas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.