“Precisamos moitos zombies para a nosa próxima tempada”, afirmaron
AMC Networks acaba de anunciar a contratación de 30.000 followers de twitter de Rajoy para a súa próxima tempada da exitosa serie ‘The Walking Dead’. Segundo transcendeu esta fin de semana na prensa internacional a noticia xurdida da compra da seguidores zombies por parte dos xestores da conta de Twitter de Mariano Rajoy serviulle ao canal norteamericano de clave para atopar os extras necesarios para facer de zombies na súa serie.
“Estamos moi contentos”, indicaron dende a productora que se encarga de realizar as contratacións para a famosa serie. “Sempre é complicado atopar figurantes profesionais e Mariano Rajoy buscou uns que a teñen moita experiencia nesto”, engadiron.
Moitos usuarios de Twitter felicitaron á cadea pola contratación e lembraron á productora que se se lle acaban eses zombies sempre poden contratar a calquera dos case 11 millóns de votantes que introduciron a papeleta do Partido Popular nas eleccións do ano 2011 aínda que, moitos deles, parece que lles volve funcionar o cerebro.